Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Comisións bancarias: O outro gran negocio

Os bancos e caixas de aforro conseguen máis ingresos mediante as comisións bancarias ca a través doutros beneficios do negocio

  Manter aberta unha conta de aforro, extraer cartos do caixeiro automático, dispor dunha tarxeta de crédito, realizar transferencias ou cobrar un cheque cústalle cartos ó consumidor. Concretamente, o pasado 2001 os bancos e caixas de aforro cobráronlles ós seus clientes 8.700 millóns de euros en concepto de comisións bancarias, segundo Ausbanc. E ó comparar esa cifra cos 8.208 millóns de euros que obtiveron como outros beneficios do negocio, a conclusión resulta reveladora: as comisións bancarias convertéronse no outro gran negocio das entidades financeiras.

As comisións bancarias son cantidades que os bancos e caixas de aforro cobran como retribución ó seu labor ou polos servicios de intermediación ou xestión que prestan. Agás puntuais excepcións, os bancos e caixas facturan ós clientes tanto pola actividade que se manteña coa entidade (entre 10,80 e 54,10 euros ó ano por unha conta de aforros) coma pola inactividade (a partir do terceiro ano de inactividade, 6 euros semestrais), tanto pola contratación dun producto (desde o 2% ó 6% por apertura de crédito hipotecario) coma pola súa cancelación (entre 1% e o 4% pola cancelación anticipada dun crédito hipotecario). Por iso, os intereses dos productos financeiros dun banco ou caixa de aforros non deben se-las únicas cifras ás que lles prestemos atención ó elixirmos unha entidade de aforro, aínda que a marxe de manobra do consumidor é escasa: as variacións de comisións entre entidades bancarias son xeralmente mínimas por razóns de concorrencia.

Cada entidade aplica os gastos que coida oportunos, previa consulta co Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores. As normas de protección ó consumidor inclúen a obriga de informar ó usuario; as entidades deben publicar nos seus taboleiros de anuncios estas tarifas e facilitarlle ó cliente un extracto das mesmas.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto