Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Teléfonos móbiles: analizados once distintos: Todos funcionan ben

Aínda que tódolos móbiles estudiados cumpren o seu cometido, hai grandes diferencias no prezo e noutras prestacións

  Analizáronse once teléfonos móbiles GSM de prezos moi diversos (o máis caro vale seis veces máis có máis económico) con distintos pesos, dimensións e características en cada modelo. Os móbiles hai tempo que deixaron de servir só para facer e recibir chamadas: hoxe incorporan outras funcións (xogos, reproductores de música, axenda...) que, para moitos usuarios, resultan determinantes á hora de decantarse por un terminal ou outro.

Nesta análise optouse por teléfonos libres (non adquiridos coa subvención dunha operadora telefónica), o que os encarece notablemente. Por iso, máis ca en función do prezo, é preferible engloba-los terminais estudiados en tres categorías de gama: gama alta (Nokia 8310, Ericsson T68 e Motorola V66), gama media (Nokia 3330, Sony CMD-J70, Alcatel OT 511, Ericsson T29, Motorola T191 e Siemens C45) e gama baixa (Trium Neptune e Panasonic EB-GD35).

Na gama alta a mellor relación calidade prezo é Ericsson T68, mentres que na gama media despunta Alcatel OT 511 e na baixa sobresae Trium Neptune.

A elección do consumidor, en calquera caso, dependerá de qué factores considera máis importantes: claridade do son, calidade dos xogos, número de melodías, cobertura...).

Sendo, como son, un producto que ten como principal trazo de identidade a mobilidade, tórnase fundamental neles o tempo que poidan permanecer sen necesidade de seren enchufados e o que tarda en recargarse a batería. A proba do laboratorio para medir cánto aguanta un terminal sen realizar ningunha función ata que se apaga (autonomía en espera) deu resultados dispares: os que menos duraron foron Panasonic, 95 horas (h) e Motorola V66 (121 h), mentres que os que máis tardaron en apagarse foron Ericsson T68 (283 h), e Alcatel OT 511 (211 h).

O tempo en conversa e uso achégase máis á duración real da batería. Para este test, cada teléfono estivo aceso dez horas ó día, nas que se efectuaba unha chamada de dez minutos cada hora ata que se apagase o terminal. Os de menor rendemento foron Panasonic EB-GD-35 (16,4h), Motorola V66 (16,5h), Sony CMD-J70 (17,2h), Nokia 3330 (17,9h) e Nokia 8310 (18,3h). Os mellores foron os dous Ericsson (24h).

En cargar tardan practicamente o mesmo

O tempo requirido para a carga da batería foi semellante nos once teléfonos, coa excepción de Siemens C45 (sensiblemente máis rápido: unha hora e 54 minutos), e Nokia 3330 (precisou 5 horas). Os demais esixiron entre dúas e tres horas.

Estes tempos dependen fundamentalmente da composición da batería. En teoría, as de Li-Polymer (Ericsson T68) son mellores cás de Ion-Litio (Nokia 8310, Motorola V66, Ericsson T29, Sony CMD-J70 e Alcatel OT 511), e estas son mellores cás de níquel-metalhidruro, (Nokia 3330, Motorola T191, Panasonic EB-GD35, Trium Neptune e Siemens C45).

CONSUMER mediu a cobertura dos diferentes teléfonos en dous puntos distintos: un lugar aberto e unha cámara apantallada, onde hai peor sinal. Na localización aberta destacaron Nokia 8310, Motorola V66 e Trium Neptune, mentres que os dous de Ericsson obtiveron os resultados máis discretos. Nas zonas con pouca cobertura desenvolvéronse mellor Motorola V66 e Trium Neptune, e o peor foi Panasonic EB-GD35.

A calidade do son avaliouse en dous lugares ruidosos (60 decibelios) con distinto nivel de cobertura. Ericsson T68 foi o mellor en ámbolos emprazamentos. Nokia 8310 só foi moi bo en condicións de alta cobertura, mentres que o peor en ámbolos casos foi o Trium Neptune, cun volume baixo e mala calidade de comunicación.

Outras funcións que no seu momento foron novidosas están xa incluídas en tódolos terminais: restricción, identificación e rexistro de chamadas, diferentes modalidades de timbre e vibración, caderno de enderezos, escritura simplificada de mensaxes curtas... Por iso, a diferencia entre uns terminais e outros estriba na facilidade e potencia destas funcións comúns. Tres expertos valoraron 43 elementos de cada teléfono nunha escala de 1 (deficiente) a 5 (excelente).

Nokia 8310 e Ericsson T68, os dous máis caros, foron os mellor valorados (4,4 puntos na valoración final), aínda que incluso o de puntuación máis modesta (Trium Neptune: 3,3 puntos) obtivo boas críticas en aspectos básicos como procurar números na axenda ou na xestión de mensaxes. O Trium fallou en ergonomía (voluminoso), claridade das teclas, xogos, calculadora e configuración de rede. Os dous de Motorola, Panasonic EB-GD35, Sony CMD-J70 e Siemens C45, tiveron entre 3,8 e 3,9 puntos. Algo mellor valorados quedaron Nokia 3330, Ericsson T29, e Alcatel OT 511 (entre 4 e 4,2 puntos).

Algúns dos modelos probados inclúen prestacións engadidas. É o caso da marcación directa (chamar a un número frecuente premendo só un botón), que falta en Trium, Sony e Ericsson T68. Manter unha conversa múltiple con varias persoas á vez é posible en todos menos en Nokia 3330 e Sony CMD-J70. O Nokia 3330 é ademais o único dos once que non permite configura-lo teléfono para que devolva o custo de cada chamada. Catro terminais non permiten a marcación por voz (Panasonic, Trium, Sony e Siemens) e en só seis deles (os dous Nokia, Motorola T191, Ericsson T29, Alcatel OT 511 e Siemens C45) se poden axuntar imaxes ás mensaxes de texto (SMS).

Tódolos teléfonos inclúen xogos, aínda que en número dispar. Panasonic só ten un, e Ericsson T68 oito (sen niveis de dificultade). Os mellores neste sentido resultaron Motorola T191 e Ericsson T29 (6 e 5 xogos respectivamente, con distintos niveis de dificultade).

Opcións extra

Seis dos modelos estudiados (Nokia 8310, os dous Motorola, Sony CMD-J70, Ericsson T68 e Siemens C45) ofrecen a opción de axenda (permite introducir citas con data, hora e anotacións). E todos menos Sony CMD-J70 e o Alcatel OT 511 dispoñen dun caderno de notas para gardar anotacións. Nalgúns modelos é posible gravar notas de voz para escoitalas máis tarde (Nokia 8310, Motorola V66, Ericsson T68 e Alcatel OT 511).

Outros servicios como chamada internacional (chamar ó estranxeiro sen marca-lo prefixo, elixindo o país), ofréceos o Panasonic, Ericsson T68, Alcatel OT 511 e Siemens C45, e a conversión de divisas é posible nos dous Motorola, ámbolos dous Nokia, en Alcatel, Trium e Sony.

Nokia 8310 e Ericsson T68 incorporan modem e conexión por infravermellos, polo que poden utiliza-la rede GSM (a actual) para enviar e recibir datos (permiten conectar un ordenador portátil a Internet sen necesidade de cables). Siemens C45 tamén incorpora modem, pero non infravermellos. Os xuíces valoraron as pantallas en tres condicións de luminosidade. Motorola T191, Nokia 8310, e Ericsson T98 tiveron moi bo comportamento. Pola contra, a visibilidade foi peor en Nokia 3330 e en Alcatel OT 511.

Resistencia a caídas

Para verifica-la resistencia dos móbiles ante choques mecánicos, introducíronse as mostras nun barril de volteo durante 25 voltas, o que equivale a 50 caídas ó chan. Comprobouse o estado do equipo unha vez transcorridas 5,15 e 25 voltas, e despois realizouse unha chamada. Só Motorola V66, Ericsson T68 e Alcatel OT 511 superaron o ensaio sen estragos. En catro teléfonos desprendeuse a carcasa traseira e a batería. Sony (ás 5 voltas), Nokia 8310 (ás 15 voltas), Trium (15 voltas) e Ericsson T29 (25 voltas). A maioría sufriron rabuñadas desde as primeiras voltas, aínda que seguían funcionando. Nokia 3330 tivo moi mal comportamento: nas primeiras 5 voltas xa tiña escachada a pantalla.

No tocante á compatibilidade electromagnética, medíronse dous apartados: por unha banda, comprobouse se un usuario cargado con electricidade estática podía altera-lo funcionamento do terminal, o que non aconteceu en ningún caso. Por outra banda, mediuse a potencia que cada teléfono precisa para transmitir, o que demostra a aptitude da antena (canto menos potencia emprega, máis eficaz resulta). Os mellores neste apartado foron Panasonic e Nokia 3330, e os que máis potencia empregan, os dous Motorola.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto