Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ovos frescos: normais, omega-3 e campeiros: Moitos defectos de calidade: lixados, manchados, rotos...

Tódolos ovos son moi nutritivos, e os omega-3 conteñen estes ácidos graxos saudables, característicos do peixe azul

UN A UN, OVOS NORMAIS, CAMPEIROS E OMEGA-3

NORMAIS - CANTOS BLANCOS

  • 1,20 euros/ducia.
  • Faltaban cinco días para caducidade.
  • Frescura, ben: 92% de ovos, cámara de aire inferior a 6 mm. Con precinto exterior. Sen información nutricional. Defectos de calidade: cun 13% de unidades con defectos, excede a tolerancia global admitida (7%). Ningún ovo roto, moi poucos lixados, e moitos (13%) manchados con sangue ou carne.
  • Neste tipo de ovos, non hai mellor relación calidade-prezo. Ningunha mostra ofrecía unha boa calidade global.

COREN

  • 1,49 euros/ducia, os máis caros dos normais.
  • Faltaban 17 días para a súa caducidade. Frescura: regular, con só un 84% de ovos con cámara de aire inferior a 6 mm.
  • Sen precinto ou protección do envase, nin marcaxe individual, nin información nutricional.
  • Defectos de calidade: cun 10,6% de unidades con defectos, excede a tolerancia (7%), se ben en menor medida ca outras mostras.

MATINES

  • 1,15 euros/ducia.
  • Faltaban só cinco días para caducidade. Os menos frescos, con só un 74% de ovos con cámara de aire correcta.
  • Cada ovo, con data de consumo recomendado. Información nutricional, e únicos con esta información por unidade amais de por cada 100 gramos.
  • Defectos de calidade: cun 12,2% de unidades con defectos, excede a tolerancia global (7%). Supera as tolerancias específicas para ovos rotos (5%) e manchados de sangue ou carne (6,1%).

PITAS PITAS

  • 1,10 euros/ducia, os máis baratos.
  • Faltaban sete días para caducidade. Moi frescos, 98% de ovos con cámara de aire correcta.
  • Indican "conservar en lugar fresco", no canto de "en refrixeración". Envase precintado, sen datos nutricionais. Defectos de calidade: os peores. Cun 33% de unidades defectuosas, exceden amplamente a tolerancia global (7%). E tamén a de ovos rotos (5%) e manchados de sangue ou carne (21%). Os peores en ovos porcos (10%).

CAMPEIROS - PITAS PITAS

  • 2,04 euros/ducia, a opción máis interesante dos campeiros.
  • Faltaban 7 días para caducidade. Frescura, regular: un 86% de ovos con cámara de aire correcta. Envase precintado.
  • Fai mención ó sistema de cría das galiñas (ó aire libre), pero non á súa alimentación.
  • Defectos de calidade: dos mellores, aínda que supere lixeiramente a tolerancia global (7%). A menor cantidade (4,4%) de ovos manchados de sangue ou carne.

COREN

  • 2,11 euros/ducia.
  • Faltaban 9 días para a data de caducidade.
  • Frescura, regular: só un 85% de ovos con cámara de aire correcta.
  • Envase precintado, indica o sistema de cría das galiñas e a alimentación a base de cereais.
  • Defectos de calidade: cun 14% de unidades con defectos, exceden a tolerancia global. Moitos (6%) ovos lixados.

OMEGA 3 - COREN

  • 1,61 euros/ducia, os máis baratos. A mellor relación calidade-prezo dos omega-3.
  • Faltaban 6 días para caducidade. Os máis frescos: 99% con cámara de aire correcta.
  • Cantidade de graxas omega-3: a máis baixa, 240 mg/100 gr. Envase precintado, información nutricional moi correcta. Ovos con data de posta, que non aparece no envase.
  • Defectos de calidade: dos mellores, aínda que supere, cun 8,3%, a tolerancia global admitida (7%). Ningún ovo roto ou lixado.

CANTOS BLANCOS

  • 1,80 euros a ducia. Outra boa opción.
  • Faltaban 15 días para a súa caducidade. Moi frescos, 98% de ovos con cámara de aire correcta. Data de consumo preferente en cada ovo.
  • Envase precintado, con información nutricional correcta pero sen contido en colesterol. Cantidade de omega-3: a segunda máis baixa, con 251 mg/100 gr.
  • Defectos de calidade: dos mellores, cun 7,8% de unidades con defectos. Sen ovos lixados.

PITAS PITAS

  • 1,80 euros/ducia.
  • Faltaban só 4 días para caducidade. Frescura, regular: só o 85% con cámara de aire correcta. Cantidade de graxas omega-3: a maior con 404 mg/100 gr.
  • Envase non precintado, información nutricional moi completa. Indica "conservar en lugar fresco" cando debería dicir "en refrixeración".
  • Defectos de calidade: cun 10,5% de ovos con defectos, superan a tolerancia admitida, pero hainos con maior proporción de defectos.

MATINES

  • 2,09 euros/ducia, os máis caros dos ovos omega-3.
  • Faltaban 8 días para caducidade. Frescura, ben: o 96% con cámara de aire correcta. Cantidade de graxas w-3: intermedia, con 288 mg/100 gr.
  • Os ovos levan impresa data de posta e consumo preferente. Envase precintado con afirmacións nutricionais non moi correctas. Omite contido en colesterol.
  • Defectos de calidade: os segundos peores, cun 18% de ovos con defectos. Moitos (15%) ovos manchados de sangue ou carne.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto