Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O dano foi debido á impericia do escolar

Unha escola pública de Logroño organizou unha viaxe de estudios á praia do Ebro para alumnos do sétimo curso da EXB. Acompañaban ós escolares catro profesores do centro. Unha mañá todo o grupo acudiu á praia e tres alumnos solicitáronlles permiso ós mestres para alugar un patín de pedais. O permiso foilles concedido a condición de non se afastaren moito e estaren sempre en augas onde fixesen pé. Un dos alumnos escorregou ó descender do patín e levou un golpe na cintura coa barra de protección. Polos danos sufridos os seus pais solicitáronlle á Administración unha indemnización de dez millóns de pesetas, que foi denegada. Levado o asunto ante o Supremo, desestimouse de novo porque, segundo dicta a sentencia do 3 de decembro do 2001, a pesar do carácter obxectivo da responsabilidade patrimonial da Administración Pública, cando é a conducta da víctima a determinante do dano non se lle pode imputar á Administración o infortunio ou a neglixencia. Nesta ocasión o alumno esvarou ó arribar á beira, pero estímase que o dano sufrido se debeu á impericia da propia víctima.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto