Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O Concello actuou correctamente ó pecha-la discoteca

Unha discoteca foi pechada cautelarmente por un concello debido ás súas emisións sonoras, que molestaban ós veciños do inmoble ó excederen os límites do permitido e perturbaban o sosego e tranquilidade dos residentes, que se queixaran en numerosas ocasións. Transcorridos seis días do peche, tras comproba-lo concello que os titulares da discoteca realizaran as obras de insonorización correspondentes e que os ruídos xa non molestaban ás vivendas inmediatas, alzouse a medida cautelar. Non obstante, os propietarios da discoteca consideraron que o peche cautelar era unha medida antixurídica que lles causara danos económicos, polo que levaron o asunto perante os tribunais. O Tribunal Supremo, na súa sentencia do 16 de xaneiro do 2002, desestimou as súas pretensións ó considerar, entre outros argumentos, que a discoteca superara os límites sonoros, molestando ós veciños, e que omitira realiza-las obras precisas malia ós diversos requirimentos municipais. Sinala que o concello está facultado para decreta-lo peche cautelar do local, xa que é un acto administrativo municipal que atende ó dereito-deber da Administración de velar polo mantemento do sosego e tranquilidade dos cidadáns.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto