Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Se un coche novo presenta defectos de orixe, pódese solicita-la devolución dos cartos

Merquei un vehículo novo, pero logo de realiza-los trámites de papelorios e quere ir recollelo, chamoume o comercial do concesionario dicindo que o vehículo chegara defectuoso, que se lle acendía "un piloto", que non dispuñan da peza e que a ían pedir. De alí a uns días chamoume de novo para dicirme que non era esa peza senón outra, e que non había existencias en España, que debían pedila a Alemaña. Pedinlles que me explicasen en qué consistía exactamente a avaría, cál sería a súa actuación para resolve-lo incidente, qué efecto tería sobre o comportamento do vehículo, o consumo, a potencia, e o funcionamento do motor. Tras un longo proceso contestáronme parcialmente: cambiaran a peza e o fallo persistía, tratábase agora dos tubos de impulsión de aire ó motor. Só paguei o sinal, o vehículo nin sequera o vin e xa ten dúas reparacións. Xa non o quero. ¿Podo negarme a aceptalo? ¿Podo solicitar perdas e danos?

Mediante un contrato de compravenda o vendedor entrégalle unha cousa determinada ó comprador, que paga por ela un prezo. Como di o artigo 1258 do Código Civil, este contrato obriga ó vendedor a tódalas consecuencias que, segundo a súa natureza, sexan conformes á boa fe, ó uso e á Lei. Neste caso o obxecto da compravenda é un coche de marca e modelo determinado, novo, en perfecto estado e apto para cumpri-las prestacións que lle son propias. Polo tanto, entregar un vehículo xa sometido a reparacións debido a defectos de orixe e, ademais, facelo con tanto atraso por falta de repostos permiten considerar que a obriga do vendedor se cumpre defectuosamente. Neste caso débeselle requirir ó concesionario a documentación escrita relativa ás reparacións efectuadas e ó estado do vehículo, constando claramente a identificación deste. É importante conservar esta documentación aínda que non estea conforme con acepta-lo vehículo, xa que será de valor en todo caso.

Se se acepta o vehículo e aparecesen de novo os defectos e avarías durante o período de garantía, disporase de probas das reparacións anteriores e poderase optar por solicita-la devolución do prezo máis perdas e danos ou a substitución do vehículo por outro novo. Así e todo, se o cliente desconfía do óptimo estado do coche e o atraso na entrega persiste, tamén pode solicitar por escrito outro vehículo novo en óptimas condicións ou, se se prefire, a devolución das cantidades entregadas, máis as perdas e danos reais que se poidan acreditar. Convén comprobar previamente as condicións pactadas no contrato de compravenda ou no precontrato. Pode ser moi conveniente acudir a un avogado ou a unha Oficina de Información ó Consumidor para realizar estas xestións extraxudiciais. En última instancia, pódese leva-lo concesionario vendedor perante os tribunais, pero cómpre ter en conta a importancia de probar tódalas incidencias, a natureza e importancia dos defectos de orixe e o atraso. Aínda que podería dicirse que neste caso se produce un cumprimento defectuoso do contrato imputable ó vendedor, un tribunal podería chegar a considerar que o defecto xa foi reparado polo que o vehículo non é inhábil para un uso óptimo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto