Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Conta a lenda que a comezos dos anos 70 un grupo de amigos nos Estados Unidos comezou a emprega-la bicicleta en camiños de terra
Conta a lenda que a comezos dos anos 70 un grupo de amigos nos Estados Unidos comezou a emprega-la bicicleta en camiños de terra. A idea exportouse a Europa, onde se adoptou coas bicicletas de ciclo cross, cambiando as lamias delgadas por outras máis anchas e aumentando o seu peso, co propósito de ter máis control sobre as máquinas e lograr que fosen máis veloces na montaña. Nestes modelos caseiros atópase a orixe dun novo concepto de bicicleta que se denominou mountain bike ou bicicleta de montaña. Do seu éxito xa non hai dúbida: o 60% das bicicletas vendidas en todo o mundo desde 1985 son de monte, aínda que tan só a metade chega a rodar por camiños ou corredoiras de terra. As mountain bike tampouco quedaron á marxe dos avances tecnolóxicos, que se centraron en investigar materiais lixeiros e potentes para fabricar estas bicicletas. De feito, os cadros de aluminio resultaron decisivos para potencia-la súa popularidade e converte-la mountain bike na raíña do mercado.
A mountain bike debe ser sobre todo cómoda e cun cadro acorde coa altura da persoa que andará riba dela. O mercado ofrece dúas posibilidades: optar por unha máquina de serie ou encargala á medida. A gama máis baixa das bicicletas de serie, sempre de aceiro, anda arredor dos 155 euros; se é de aluminio non baixa dos 250 euros. Pero imponse a tendencia de encargar á medida bicicletas: pártese de 350 euros, e elíxense en catálogo o cadro e outros elementos. As tendas especializadas ofrecen tamén a posibilidade de realizar híbridos: tomando como base unha bicicleta de serie, cámbianse as pezas ou elementos ó gusto do consumidor. Sexa cal sexa a opción elixida, convén contar cun servicio de posvenda ou polo menos apalabralo, xa que ós 30 días de uso da bicicleta é preciso un axuste de pezas.
Cadro
É o chasis sobre o que está montada a bici, determina o resto da máquina: peso, altura e resistencia.
Dato importante: os cadros de marca garántense de por vida contra defectos de fabricación.
Grupo
Conxunto de pezas que permite frear, cambiar de velocidade ou rodar. Composto por: descarrilador traseiro para os piñóns, descarrilador dianteiro para os pratos, pancas accionadoras do cambio, xogo de piñóns, xogo de pancas e pratos, conxunto de freos (zapatas, mangos, etc.) e mazas, e rodamentos.
Pódense cualificar en 4 liñas (cantas máis velocidades, maiores prestacións:
Cómpre cerciorármonos de que tódalas partes do grupo sexan do mesmo modelo e fabricante, xa que hai bicicletas con grupos "mesturados" nas que o máis visible corresponde a un modelo superior mentres que o resto das pezas son de liña económica.
Outras pezas
Asento: os modelos anchos e con interior de "xel" resultan máis cómodos cós asentos finitos (máis duros e ideais para competición).
Guiador: a súa posición pode cambiarse para ir máis ergueito. Unha boa opción é o tipo palomita. Os puños de esponxa son máis cómodos.
Freos: preferiblemente de aluminio.
Peches rápidos: en ámbalas rodas e no tubo do asento.
O tubo do asento: debe ser extenso abondo como para poder subi-lo asento ata a altura precisa para o ciclista.
Cubertas: as máis lisas e finas son para usar sobre asfalto. Para a lama e adherencia nas subidas é importante un bo debuxo.
Lamias: deben ser de aluminio.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI