Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Telefonía móbil: Coñece-los hábitos de uso, clave para elixi-lo plan máis axeitado

Pódense aforrar moitos cartos atinando co plan de chamadas que mellor se axusta a nós

Mensaxes curtos a móbiles (SMS)

Tódalas operadoras cobran a mesma tarifa para as SMS: as mensaxes enviadas a móbiles de calquera operador nacional custan a calquera hora do día e calquera día da semana 0,15 euros, e se se mandan a terminais de operadores non españois, 0,60 euros (en ámbolos casos sen IVE). Se as mensaxes se envían desde o estranxeiro, o prezo dependerá do operador local seleccionado. Nos plans nos que chamar á mañá resulta cinco veces máis caro que facelo á tarde, recorrer ós SMS é unha opción interesante, aínda que debemos lembrar que en cada envío só se poden incluír entre 120 e 160 caracteres (algúns terminais permiten enviar varias mensaxes como se fose unha soa; agora ben, debe pagarse relixiosamente cada unha delas).

Pero, ollo, non sempre resulta máis económico mandar mensaxes que realizar unha chamada. Vexámolo con exemplos. No Plan Mañá de Vodafone, modalidade contrato, sae máis rendible enviar ata 3 mensaxes de texto pola mañá que falar durante un minuto, xa que sumando o prezo do establecemento de chamada (0,14 euros, IVE incluído) maila tarifa do minuto (0,44 euros, IVE incluído) o custo final é de 0,58 euros, mentres que as 3 mensaxes de texto custan 0,51 euros (IVE incluído). Na franxa horaria de tarifa reducida de 0,10 euros (IVE incluído) e considerando o custo do establecemento de chamada de 0,14 euros (IVE incluído), a chamada sae a 0,24 euros o primeiro minuto, mentres que escollendo a opción das mensaxes de texto practicamente só se pode enviar un, xa que o envío de 2 mensaxes supón xa 0,34 euros (IVE incluído).

TÁBOA COMPARATIVA

Contrato
Madrugada Mañá e mediodía Tarde Noite
Horas de 0 a 8 h. 8 h. 9 h. 10 h. 11 h. 12 h. 13 h. 14 h. 15 h. 16 h. 17 h. 18 h. 19 h. 20 h. 21 h. 22 h. 23 h. 24 h.
VODAFONE
Plan Mañá 0,10 0,10 0,44 0,10
Plan Tarde 0,10 0,44 0,10
Plan Provincial 0,36
Plan Universal 20 0,22
MOVISTAR
Movistar Plus Elección Mañá 0,08 0,39 0,08 0,39 0,08
Movistar Plus Elección Tarde 0,08 0,39 0,08 0,39 0,08
Plan Movistar Plus 30 0,17
Plan Movistar Plus 40 0,16
Plan Movistar Plus 60 0,15
AMENA -EUSKALTEL
Contrato 10 (Mañá) 0,14 0,52 0,14
Contrato 10 (Tarde) 0,14 0,52 0,14
Contrato Libre 0,24
Contrato
Fines de semana
Horas de 0 a 24 h.
VODAFONE
Plan Mañá 0,10
Plan Tarde 0,10
Plan Provincial 0,36
Plan Universal 20 0,22
MOVISTAR
Movistar Plus Elección Mañá 0,08
Movistar Plus Elección Tarde 0,08
Plan Movistar Plus 30 0,17
Plan Movistar Plus 40 0,16
Plan Movistar Plus 60 0,15
AMENA -EUSKALTEL
Contrato 10 (Mañá) 0,14
Contrato 10 (Tarde) 0,14
Contrato Libre 0,24

Tarifas para chamadas de 1 minuto de duración, IVE incluído.

A todas estas tarifas hai que sumárlle-lo custo de establecemento de chamada, 0,14 euros (cóbraselle ó emisor xunto ó primeiro minuto, polo simple feito de que o receptor descolgue el teléfono).

Cota mensual: Vodafone cóbralles 6,76 euros a abonados con contrato de máis de 1 ano de antigüidade e 3,49 euros a abonados con contrato de menos de 1 ano de antigüidade (agás no Plan Universal 20, que carece de cota mensual). Amena/Euskaltel cóbralle 6,98 euros a tódolos abonados, agás ós do Contrato Libre, que non teñen cota mensual. Os contratos de MoviStar non teñen cota mensual se facturan máis de 9 euros.

Na maioría dos plans a tarifa é distinta se a chamada se realiza a un teléfono fixo, a un móbil da mesma compañía ou a un móbil doutra operadora. Considerando que os usuarios de móbil realizan chamadas indistintamente, calculouse o custo medio das tres opcións. Así e todo, na maioría dos casos chamar a móbiles doutra compañía custa o dobre que facelo a móbiles da mesma operadora.

Prepagamento
Madrugada Mañá e mediodía Tarde Noite Fines de semana
Horas de 0 a 3 h.s 4 h. 5 h. de 6 a 7 h. de 8 a 10 h. 11 h. 12 h. 13 h. 14 h. 15 h. 16 h. 17 h. 18 h. 19 h. 20 h. 21 h. 22 h. 23 h. 24 h. de 0 a 24 h.
VODAFONE
Vodafone Tiempo Libre 0,14 0,68 0,14
Vodafone "VF" 0,40
Vodafone "Única" 0,32
MOVISTAR
Movistar Activa 24 horas 0,34
Movistar Activa Cuatro1 0,17 0,63 0,17
Movistar Activa Total 0,40
Movistar Activa Club 0,40
AMENA -EUSKALTEL
Tarifa Ocio 0,07 0,84 0,14 0,142
Tarifa Universo 0,40
Tarifa A miña Cidade 0,40

1. Os sábados de 4 a 16 horas 0,63 euros, o resto da fin de semana 0,17 euros.

2. Fins de semana á madrugada (de 0 a 8 horas), 0,07 euros IVE incluído

Tarifas para chamadas de 1 minuto de duración, IVE incluído.

A todas estas tarifas hai que sumárlle-lo custo de establecemento de chamada, 0,14 euros (cóbraselle ó emisor xunto ó primeiro minuto, polo simple feito de que o receptor descolgue el teléfono).

Na maioría dos plans a tarifa é distinta se a chamada se realiza a un teléfono fixo, a un móbil da mesma compañía ou a un móbil doutra operadora. Calculouse o custo medio das tres opcións. Así e todo, na maioría dos casos chamar a móbiles doutra compañía custa o dobre que facelo a móbiles da mesma operadora.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto