Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Telefonía móbil: Coñece-los hábitos de uso, clave para elixi-lo plan máis axeitado

Pódense aforrar moitos cartos atinando co plan de chamadas que mellor se axusta a nós

Cómo se fixo o estudio

Estudiáronse catro supostos que representan, na opinión dos especialistas consultados por CONSUMER, os principais patróns (hábitos) de chamadas dos usuarios de teléfonos móbiles. Dentro de cada suposto estableceuse determinado número de chamadas, repartidas a diferentes horas e días da semana. Considerouse tamén que as chamadas se realizan indistintamente (sempre na mesma proporción) a móbiles da mesma compañía, a móbiles do resto de compañías e a teléfonos fixos, xa que en moitos plans de prezos as tarifas se ven condicionadas polo destino das chamadas. Non se tivo en conta o lugar de orixe nin de destino da chamada. E, no caso dos usuarios "de contrato", estableceuse que o titular da liña o é desde hai máis dun ano. De seguido, calculouse cánto custarían as chamadas de cada suposto, seguindo os 22 plans de tarifas que en total ofrecen as catro empresas.

Os catro supostos:

  • 1. Chamadas principalmente polas mañás (de 8:00 a 13:00 horas).
  • 2. Chamadas principalmente polas tardes (de 16:00 a 21:00 horas).
  • 3. Chamadas a calquera hora (de 8:00 a 22:00 horas).
  • 4. Chamadas principalmente as fins de semana.

As tarifas máis baratas en cada franxa horaria

Para chamar principalmente polas mañás...

  • Se mantén certa regularidade no seu consumo e este é xeralmente duns 30, 40 ou 60 euros, convenlle o contrato Plan MoviStar Plus 30, 40 ou 60. Estes plans permiten facer chamadas a 0,17 euros, 0,16 euros e 0,15 euros por minuto (IVE incluído), respectivamente, ata alcanza-la tarifa contratada (30, 40 ou 60 euros). Pero se un mes o seu consumo non chega á tarifa contratada, esta seralle cobrada igualmente. As tarifas destes plans MoviStar son as máis baratas, pero só resultan convenientes para usuarios cun consumo moi regular e que se achegue a estas tres cifras.
  • Se o consumo é irregular ou inferior ás anteriores cantidades, o contrato Plan Mañá de Vodafone é o máis axeitado (0,10 euros minuto, IVE incluído), aínda que se a maior parte das chamadas matinais se realizan entre as 11 e as 13 horas, o máis económico é o contrato MoviStar Plus Elección Mañá (0,08 euros minuto, IVE incluído).
  • Outra boa opción: as tarxetas prepagamento Vodafone Única, MoviStar Activa 24 horas e MoviStar Activa Club, se non se superan as dez chamadas mensuais de 2 minutos de duración (aproximadamente).

Para chamar principalmente polas tardes...

  •   As tarxetas prepagamento Tarifa Lecer de Amena-Euskaltel e Vodafone Tempo Libre son as máis convenientes (0,14 euros o minuto, IVE incluído). Pero as chamadas fóra das franxas horarias de tarifa reducida teñen un custo moi elevado.

Neste sentido, se o usuario chama principalmente polas tardes, pero realiza chamadas esporádicas fóra do horario vespertino, o máis conveniente é...

  • Se mantén regularidade no seu consumo mensual e este xeralmente se achega ós 30, 40 ou 60 euros, o Plan (contrato) MoviStar Plus 30, 40 ou 60. -Se, pola contra, o consumo mensual non é regular ou é xeralmente inferior ós 30 euros, o Plan Tarde (de contrato) de Vodafone é o máis axeitado, aínda que se a maior parte das chamadas se fan desde as 19 ata as 21 horas a opción máis económica é o (de contrato) MoviStar Plus Elección Tarde.
  • (As chamadas fóra do horario reducido nestes plans de contrato, aínda que caras, son un 35% e un 48% máis económicas cás tarxetas prepagamento Vodafone Tempo Libre e Tarifa Lecer de Amena-Euskaltel respectivamente).

Para quen non quere ataduras de horarios...

O contrato Plan MoviStar Plus Elección en calquera das súas dúas modalidades: Mañá e Tarde. Amais de ser máis económico có resto de plans sen franquía, no horario reducido aplícase a mesma tarifa (0,08 euros) independentemente de cál sexa o destino da chamada. É unha boa opción para quen prefire pagar un chisco máis e non estar mirando a qué horas chama.

Para chama-las fins de semana...

  • Para consumos regulares ou gastos de 30, 40 ou 60 euros, o Plan MoviStar Plus 30, 40 ou 60. Permiten chamadas a 0,17 euros, 0,16 euros e 0,15 euros por minuto (IVE incluído), respectivamente, ata alcanza-la tarifa contratada (30, 40 ou 60 euros). Pero se un mes o consumo non chega á tarifa contratada, esta seralle cobrada igualmente. As tarifas destes plans MoviStar son as máis baratas, pero só convenientes para usuarios cun consumo moi regular e que se achegue a esas tres cifras.
  • Para consumos non regulares ou menores ca esas cantidades: o Plan MoviStar Plus Elección (de contrato) nas súas dúas modalidades (Mañá e Tarde) cun custo por minuto de 0,08 euros, IVE incluído.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto