Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Telefonía móbil: Coñece-los hábitos de uso, clave para elixi-lo plan máis axeitado

Pódense aforrar moitos cartos atinando co plan de chamadas que mellor se axusta a nós

  Un total de 25 millóns de teléfonos móbiles e unhas ganancias globais de máis de 6.100 millóns de euros (datos do 2001) ilustran sobre un dos sectores económicos que máis beneficios xera no noso país: a telefonía móbil. Máis do 60% da poboación posúe xa un terminal de telefonía móbil, o que nos sitúa por riba da media europea e dentro dos países líderes neste servicio. Hai xa varios anos que o número de liñas móbiles superou en España o das liñas fixas e estímase que no ano 2010 o mercado do móbil europeo alcanzará os 175.000 millóns de euros, dos que o noso país representará unha cota do 10% (por detrás tan só de Alemaña, Reino Unido, Francia e Italia).

Polo de agora, catro empresas, MoviStar (16.793.000 clientes), Vodafone (7.732.148 clientes), Amena (5.300.000 clientes) e Euskaltel (400.000 clientes) repártense en España ese enorme pastel económico e atordan ós consumidores con complexos e inacabables plans de chamadas e tarifas, sempre máis vantaxosas cás da competencia. E aínda que ninguén discute xa a utilidade destes aparellos e a súa continua evolución tecnolóxica -cada vez son máis pequenos, completos e atraentes-, non se pode omiti-la problemática que causa o uso excesivo ou pouco axeitado destes dispositivos, moi especialmente os desgustos que sobreveñen no momento de aboa-la correspondente factura polo uso do móbil, ou cando a tarxeta prepagamento se esgota antes do agardado. Para descubrir cál é a operadora e, dentro delas, o plan de prezos que mellor se adapta ás necesidades de cada tipo de usuario (caracterizado pola hora e días en que efectúa a maioría das súas chamadas), CONSUMER analizou os 22 plans de prezos que ofrecen as catro compañías de telefonía móbil que operan no noso país.

A principal conclusión que se tira do informe é a enorme dificultade que supón para o consumidor comparar tarifas, e non só as dunha mesma compañía, senón as de distintas operadoras, xa que se presentan de xeito confuso e seguindo criterios moi dispares. Ademais, darse de alta (é dicir, asinar un contrato) non sempre equivale a beneficiarse de tarifas máis económicas, malia ó que prometen os operadores de telefonía móbil para captar clientes "de contrato", aínda que a factura mensual permita facerse con máis información, e deste xeito controlar mellor o gasto.

Outra constatación é que os plans de prezos moi baratos nunha franxa horaria resultan esaxeradamente caros para o resto de horarios: por exemplo, dentro dun plan de prezos (Tarifa Lecer de Amena e Euskaltel), unha chamada dun minuto efectuada antes das catro da tarde custaba ata 0,70 euros máis ca a partir desa hora.

De todo o visto despréndese unha sinxela conclusión: compara-las tarifas e reflexionar sobre os nosos hábitos de consumo, probablemente nos conduza a cambiar de compañía ou a cambiar de plan de chamadas dentro da nosa actual compañía. Pero cambiar non sempre é sinxelo. Se o usuario desexa marchar a outra operadora, terá que solicita-la portabilidade do seu número de móbil (cambiar de operador conservando o número de teléfono) e que liberen a súa terminal (a maioría dos móbiles están bloqueados para que só poidan ser usados cunha operadora de telefonía).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto