Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Para soluciona-los problemas entre veciños nada mellor que coñece-los dereitos e obrigas que nos asisten
Veciños conflictivos ou morosos, obras molestas, liortas, uso inapropiado das instalacións, acordos que non cumpren a maioría requirida... ¿Quen non estivo algunha vez involucrado nunha rifa de veciños? Para dilucidar estes e outros problemas, as comunidades de veciños teñen que seguir unhas normas que deben cumprir tódolos inquilinos do inmoble. A Lei de Propiedade Horizontal, vixente desde 1960 e reformada case totalmente mediante a Lei 8/1999, regula as relacións entre propietarios de pisos ou locais e recolle tamén os seus dereitos e obrigas. Esta lei tende a atribuírlle ó titular da propiedade as máximas posibilidades de aproveitamento, pero co límite nos dereitos dos demais propietarios e o interese xeral da propiedade. Deste xeito, a lei ampara o propietario no tocante ó seu propio espacio e defende a copropiedade cos demais donos de pisos ou locais dos restantes elementos, pertenzas ou servicios comúns. Regúlanse, por exemplo, aspectos como a morosidade no pagamento das cotas dalgún veciño, as maiorías precisas para tomar determinados acordos ou qué facer ante actividades molestas dalgún veciño.
As comunidades de veciños teñen que ter un presidente. Entre as súas funcións principais están a de representar legalmente a comunidade en asuntos que a afecten, canalizar queixas e suxestións dos veciños, convocar e presidi-las xuntas, e exercita-las accións xudiciais acordadas pola comunidade. A lei tamén contempla a posibilidade da figura do vicepresidente, que substitúe ó presidente se está ausente, a dun secretario e a dun administrador, labor do que se encarga xeralmente un administrador de fincas colexiado.
Calquera propietario dun inmoble de veciños pode ser presidente da comunidade. Elíxese por votación, de xeito rotativo ou por sorteo. O nomeamento é por un ano, non sendo que o estatutos dispoñan outra cousa ou os veciños non aproben a súa xestión, e polo tanto propoñan a súa demisión antes do prazo.
O presidente elixido ten a obriga de exerce-lo seu cargo, non sendo que alegue unha causa que llo impida. Para deixa-lo cargo ten que presenta-los seus impedimentos ante o xuíz, que estimará se as razóns alegadas son abondas. Así e todo, se a persoa afectada lles expón razoadamente ós outros propietarios as causas que lle impiden desempeña-lo cargo, non será preciso acudir ó auxilio xudicial.
Só se pode impugnar un acordo da Xunta de Propietarios ante os Tribunais:
Pero, ademais, hai que estar lexitimado para impugna-lo acordo. Poderán facelo:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI