Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha paciente acudiu á consulta privada dun médico especialista en cirurxía maxilofacial que lle diagnosticou protusión do maxilar superior e lle aconsellou unha intervención cirúrxica. A operación non tivo o resultado pretendido, polo que, de común acordo, se procedeu a unha segunda intervención, que tampouco produciu resultado satisfactorio ó se infectaren os enxertos, dando lugar a que o maxilar volvese á posición que ocupaba trala primeira intervención. Finalmente, a paciente resolveu o seu problema con outros médicos, e quedáronlle secuelas. Polos danos materiais e morais sufridos, a Audiencia Provincial de Madrid condenou o médico a indemniza-la súa antiga paciente. Non obstante, o médico recorreu ó Tribunal Supremo, que confirmou o 11 de decembro do 2001 a sentencia, obrigando o médico a indemniza-la paciente. Argumenta o Supremo que cando se trata de medicina voluntaria, coma a cirurxía estética, o médico está obrigado a obte-lo resultado buscado. O Tribunal entende que este é o caso presentado, e que xa que non se acadou o resultado previsto pero si o acadou outro cirurxián, a causa do mal resultado non foi ningún feito fortuíto ou forza maior, senón a neglixencia médica.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI