Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Miscelánea

Λ

Campos de traballo: Lecer altruísta para o verán

Axuntan lecer estival con traballo non remunerado e permiten convivir con persoas doutras cidades, culturas e países.

  Arrincar maleza do Camiño de Santiago, recuperar unha vella escola e convertela en residencia de anciáns, canalizar auga desde un pozo ata unha poboación, rexenerar montes que queimou o lume ou acompañar a persoas con minusvalía durante as súas vacacións son algunhas actividades que cada verán axuntan a centos de mozos europeos arredor do que se coñece como campos de traballo. Trátase de axunta-lo tempo de lecer estival con traballo non remunerado, á vez que se convive con persoas doutras cidades, culturas e países. Os requisitos para participar en campos de traballo (as ofertas tramítanas as institucións autonómicas e fanse públicas a partir de abril), son ter máis de 16 anos e menos de 25 anos (aínda que hai destinos máis especializados que buscan profesionais sen importa-la súa idade), aboa-los 60 euros que dan dereito ó aloxamento e á manutención durante os 15-20 días que se prolonga xeralmente o encontro (o traslado corre por conta do voluntario) e acatar unhas sinxelas normas que se resumen en respecta-los demais e cumpri-las obrigas que marca a organización.

Proxectos moi diversos

A idea nace a finais da Primeira Guerra Mundial. Diversas organizacións humanitarias aproveitaron a infraestructura e a rede de voluntariado de xente nova para organizar grupos que, durante os meses de verán, dedicasen o seu tempo a rehabilitar infraestructuras de vilas e cidades devastadas pola contenda. Décadas despois mantense a proposta de destinar quincenas de estío e vacacións a traballar voluntariamente en pequenos proxectos arqueolóxicos (restaurar igrexas, escavar en ruínas), ambientais (limpa-las beiras dos ríos e costas marítimas, repoboar montes, formar devasas) ou humanitarios (acompañar a anciáns ou persoas con minusvalía, colaborar en campos de refuxiados). Trátase dunha actividade que vai máis alá dos campamentos que permiten coñecer outras culturas, unha modalidade tamén moi estendida; nos campos de traballo o voluntario comprométese a traballar sen recibir a cambio remuneración ningunha.

Xestionado pola Administración

O Servicio de Voluntariado Internacional coordina os proxectos na Comunidade Europea, Estados da área e outros países mediterráneos (Turquía, Marrocos, Tunicia) e mesmo nos Estados Unidos e Canadá. Sen embargo, a xestión e a publicación de ofertas correspóndelle a cada comunidade autónoma, aínda que ás veces tamén entidades privadas sen ánimo de lucro (ONG sobre todo) inclúen entre os seus proxectos campos de traballo. Este ano está previsto que despois da Semana Santa as institucións comuniquen os destinos e as prazas a disposición e abran o prazo de inscrición. As normas lévanas a non acolleren a máis de 2 persoas da mesma provincia na que se desenvolve o traballo e os límites de prazas veñen marcados pola cota outorgada a cada comunidade. A praza conséguese, non sendo que sexan precisos uns determinados coñecementos, en función da data de inscrición e non hai inconveniente en solicitar máis dun destino.

Entre 5 e 7 horas de traballo diario

Os 60 euros que se aboan dan dereito a aloxamento, comida e seguro de accidentes durante a estancia, aínda que o traslado sempre corre a cargo do voluntario. Os campos de traballo non prometen luxo nin comodidades, dórmese en tendas de campaña ou habitáculos rudimentarios e a miúdo os colchóns no chan fan de cama. Dependendo do proxecto, ademais, a preparación das comidas e a loxística son tamén responsabilidade dos integrantes do grupo. Esta actividade súmase ó tempo de traballo, que se desenvolve de luns a venres durante 5-7 horas ó día e preferentemente polas mañás. Aínda que nos campos de traballo sempre hai monitores especializados que dirixen o proxecto e ás veces se ofrecen outras actividades para o tempo de lecer, son os propios participantes os únicos responsables de organiza-lo seu tempo libre.

Non son para practicar idiomas

Aínda que a maioría dos destinos son nacionais, saír ó estranxeiro é un atractivo engadido dos campos de traballo polas oportunidades que brindan para practicar idiomas. Non obstante, ese non é o obxectivo destas actividades. E co fin de asegurarse das verdadeiras intencións dun voluntario, algúns campos de traballo de países de fala inglesa esíxenlles ós participantes, antes de admitilos, que demostren que xa realizaron con anterioridade labores de voluntariado. Noutros destinos, aínda que o coñecemento da lingua non é determinante, precísanse nocións mínimas do idioma ou idiomas nos que se desenvolverá o campo de traballo (xeralmente a lingua local e o inglés) para asegura-la comunicación entre os integrantes do campo.

Mosaico cultural

A participación de persoas de distintos lugares convivindo baixo os principios de respecto mutuo e solidariedade, traballando desinteresadamente para acadar obxectivos comúns, permite coñecer diferentes realidades sociais, culturais, económicas, etc., tanto das persoas que participan no proxecto, coma do país ou rexión onde se desenvolven. Os campos de traballo, a diferencia de colonias ou campamentos, son espacios onde se require unha máxima participación e implicación dos voluntarios en cuestións comúns que afectan ó desenvolvemento da actividade.

Para inscribirse nun campo de traballo

  • Hai que ser consciente de que, por moito que tamén ofrezan a oportunidade de coñecer xente nova, o seu obxectivo é desenvolver un proxecto. Para acadalo cómpre traballar e acepta-las responsabilidades que forman a idiosincrasia do campo.
  • Para informarse pódese contactar co Instituto da Xuventude (INXUVE) no teléfono 913637700. Tamén se pode recorrer á institución que en cada comunidade autónoma se encarga de tramitar actividades xuvenís (Consellerías e Institutos da Xuventude, Casas da Xuventude...).
  • Convén ter presente que a elección do campo e a posibilidade de conseguir praza dependerá da data de inscrición: cómpre estar atento.
  • Non son gratuítos, aínda que si moi económicos: custan arredor de 60 euros, que inclúen o seguro sanitario.
  • Cómpre lembrar que o traslado corre sempre a conta do voluntario.
  • Se o destino é no estranxeiro, a organización local pódelle esixir ó voluntario nocións da lingua daquel país.

Regras que rexen os campos

  • Cumpri-las obrigas concretas do traballo proposto.
  • Acepta-las indicacións de responsables e resto de participantes referentes a cuestións acordadas de carácter organizativo.
  • Contribuír á consecución dos obxectivos do campo.
  • Cumpri-los horarios previamente establecidos.
  • Non consumir bebidas alcohólicas ou outro tipo de drogas.
  • A incorporación ó campo debe realizarse o primeiro día de cada quenda.
  • O voluntario non se poderá ausentar do campo se non é por unha causa xustificada. Se o fai, deberá asinar unha carta na que explica os motivos da súa renuncia.
  • Non está permitido usar vehículos particulares durante o desenvolvemento do campo de traballo.
  • Cómpre amosar respecto cara ós compañeiros, con independencia do seu sexo, relixión, raza, ideas políticas ou relixiosas.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto