Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Viaxar por autoestrada: Unha opción que se paga a 7 céntimos o quilómetro

  Millóns de turismos desprázanse anualmente pola autoestrada, non en van viaxar por elas lle reporta ó conductor rapidez, tranquilidade e seguridade. Pero circular por estas vías rápidas tamén supón un considerable aumento de gastos de desprazamento, xa que as autoestradas constitúen sempre a alternativa de pagamento a unha ruta gratuíta que une os mesmos destinos, pero por estrada xeral ou comarcal. Aínda que forman parte da rede viaria do Estado ou da Comunidade Autónoma, as autoestradas están xestionadas por empresas que se encargan do seu mantemento; son estas as que lle prestan o servicio ó usuario e diso tiran beneficios económicos. Así, o prezo por quilómetro varía en función da orografía e a antigüidade da vía, pero tamén segundo o criterio que instaura a empresa adxudicataria. Sen embargo, estímase que, de media, o conductor que viaxa por autoestrada en España paga arredor de 7 céntimos de euro por quilómetro que percorre.

O punto de arranque da construcción de estradas de alta velocidade con peaxes ou estacións de pagamento coincide en España co despegue económico dos anos 60. A flota de automóbiles -ata daquela anecdótica- que se multiplicou de modo xeométrico gracias á bonanza económica e ó agromar das costas peninsulares como destino turístico motivaron que o Ministerio de Obras Públicas organizase a Comisión Promotora de Autoestradas, que lles outorgou licencias de construcción e explotación de autoestradas a entidades privadas, pero sempre baixo o réxime de concesión administrativa. Así foi desde que en xuño de 1969 se inaugurou a primeira autoestrada que uniu Barcelona con Mataró, curiosamente o mesmo traxecto co que comezou o tren en España. Seguiuna a vía Bilbao-Behobia, que vertebra en 105 quilómetros o País Vasco desde Biscaia ata a fronteira con Francia. O último treito que se sumou á rede de autoestradas percorre os 78 quilómetros que separan Alacante de Cartaxena. En pouco máis de tres décadas, aqueles primeiros 29 quilómetros de alta velocidade pasaron a ser 2.240 quilómetros de autoestradas (800 quilómetros están adxudicados ou en obras), aínda que a diferencia resulta máis abafante ó falarmos de autovías: os escasos 270 quilómetros de 1970 convertéronse en 25 anos en case 7.000 quilómetros.

No norte e leste do país

Cunha ollada de esguello ó mapa de estradas compróbase que a maioría dos quilómetros de pagamento se localizan no norte e leste da Península. Os 627 quilómetros de traxecto por autoestrada que separan Bilbao e Barcelona suporanlle ó conductor -deixando a unha banda o carburante- un desembolso de 40,66 euros para un vehículo lixeiro (motos, coches e furgonetas dun eixe). Pero non é esta a distancia máis longa que se pode percorrer sen saír da autoestrada: os 660 quilómetros que percorren o litoral mediterráneo, desde A Xunqueira ata Alacante, ascenden a 43,91 euros. De Sevilla a Cádiz tamén se pode optar pola vía rápida pagando 5,64 euros por 110 quilómetros de distancia; de Zaragoza a Pamplona percórrense 176 quilómetros divididos en tres peaxes que en total custan 11,64 euros. Analizando estas cifras conclúese que as distancias máis curtas, como a viaxe entre Bilbao e San Sebastián (87 quilómetros), que se paga a 10,81 euros, ou os escasos 73 quilómetros que hai que percorrer para atravesa-lo porto que une León con Campomanes, que supoñen 8,42 euros, resultan os quilómetros máis caros para o consumidor.

Tarxetas de usuario

Para potencia-lo uso de autoestradas e tornar rendibles as altas custas do seu mantemento, nos últimos anos os seus responsables comezaron unha campaña de promoción destas vías fundamentada en tarxetas de usuario. Cómpre telas presentes se se vai usar decote a peaxe, xa que ás veces reportan descontos (Autoestradas de Navarra ofrece o regreso gratuíto se se realiza en menos de 72 horas), atención prioritaria (asistencia gratuíta por falta de carburante na A68 -tramo entre Bilbao e Zaragoza-, Telepeaxe na A8- cunha tarxeta no parabrisas evítase parar na peaxe-), promocións, información, facturación para descarga do IVE... Obte-la tarxeta é relativamente sinxelo: nas propias peaxes ofrecen o cuestionario que se ten que remitir á empresa adxudicataria da xestión da vía, e o prezo anda arredor dos 3 euros, que se descontan se se alcanza unha facturación anual considerable.

Viaxar ou non por autoestrada

Aboa-la peaxe e consumir máis combustible a cambio de rapidez en chegar ó lugar de destino é a vantaxe que as autoestradas ofrecen. Comodidade e seguridade tamén son dous factores que cómpre considerar á hora de planificar unha viaxe -especialmente se vai ser longa-, xa que as autoestradas dispoñen de vías en mellor estado e con menos tráfico. De tódolos xeitos, hainas que en horas punta se colapsan, sobre todo nos accesos a cidades, ó igual ca unha estrada nacional.

De calquera xeito, as autoestradas son sempre unha opción que ten o usuario, que debe ser consciente de que coa nova lei de tráfico supera-los 180 quilómetros por hora se considera infracción moi grave (na anterior era grave) penada con multas entre de 300 e 600 euros e a retirada do permiso de conducir por un tempo máximo de 3 meses.

En Europa: gratis, peaxe ou adhesivo

Viaxar por autoestrada é gratuíto en Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Holanda e o Reino Unido.

As autoestradas de peaxe atópanse en España, Francia (os 588 quilómetros entre Bordeos e París custan 42,80 euros), Portugal (entre Lisboa e O Porto hai 305 quilómetros de autoestrada que saen a 15,09 euros) e en Italia, onde se pode paga-la cota en efectivo ou ben usando unha tarxeta magnética que custa entre 30 e 60 euros e que se pode adquirir na caseta da peaxe.

Noutros países o dereito a circular por autoestrada outórgao un adhesivo que se adquire no posto fronteirizo. En Suíza o adhesivo ten unha validez de 1 ano e o prezo aproximado é de 59,28 euros. En Austria pódese elixi-la duración da tarxeta: a dunha semana vale 5,08 euros, a de 2 meses 10,90 e a anual 40,33 euros. Tamén na República Checa funciona deste xeito: a tarxeta anual adquírese en función das estradas que se elixan e o seu prezo varía entre 11,67 euros e 29,17 euros.

TáBOA COMPARATIVA

Prezos das principais autoestradas
Ruta Km Precio
A1 Burgos-Vitoria (*) 98 7,79
A68 Bilbao-Zaragoza 306 20,76
A7 Zaragoza-Barcelona 319 19,44
A4 Sevilla-Cádiz 110 5,64
A8 Bilbao-San Sebastián-Irún 87 10,81
23 1,42
Total: 110 Total: 12,23
A68 Bilbao-Vitoria (*) 63 3,54
A19 Barcelona-A fronteira 166 10,30
A7 Barcelona-Zaragoza 321 19,90
A7 Barcelona-Tarragona 118 5,94
A19 Barcelona-Palafolls (Costa Brava) 71 2,87
A7 Tarragona-Valencia 227 16,66
A7 Valencia-Alicante 149 11,01
A57 Vigo-Baiona 29 0,87
A 55 A Coruña-Carballo 33 1,26
A68 Zaragoza-Logroño 172 10,82
A68 y A15 Zaragoza-Pamplona 81 (hasta Tudela) 5,30
97 (Tudela-Pamplona) 6,34
Total: 176 Total: 11,64
A9 A Coruña-Santiago 73 4,08
A9 Santiago-Pontevedra 58 3,51
A9 Pontevedra-Vigo 21 2,36
A9 Ferrol-Santiago 74 4,58
A9 A Coruña-Ferrol 42 4,78
A66 León Campomanes 73 8,42

(*) A ruta componse de quilómetros de autoestrada e de autovía ou estradas de enlaces.

Cadro de límites de velocidade polas autoestradas europeas
País Autopista
Bélxica 120 km/h
Reino Unido 110 km/h
Dinamarca 130 km/h (velocidad recomendada)
EL 120 km/h
España 120 km/h
Francia 130 km/h (50 km/h si llueve)
Irlanda 112 km/h (70 millas/hora)
Italia 130 km/h
Luxemburgo 120 km/h
Holanda 120 km/h
Alemaña 130 km/h
Portugal 120 km/h
Finlandia 120 (110 en invierno) km/h
Reino Unido 112 km/h (70 millas hora)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto