Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Autoescolas, comparáronse os prezos de 210 en 14 cidades: Polo mesmo carné, unhas autoescolas cobran o triple ca outras

A información en materia de prezos é pouco transparente e a competencia en prezos, escasa en moitas cidades

  O ano pasado 750.391 persoas contrataron no noso país os servicios dunha autoescola para acada-lo carné de conducir, o que non é estraño, xa que nese período se matricularon case 1,8 millóns de coches novos.

O proceso de aprendizaxe é tanto teórico coma práctico e consta de varias fases, e esíxelle ó alumno, amais dun considerable esforzo, o desembolso dunha importante cantidade de cartos. CONSUMER comparou os prezos que cobran 210 das autoescolas máis importantes de 14 cidades, partindo dun suposto moi común: carné de conducir tipo B, obténdoo "á primeira", esgotando un máximo de tres convocatorias e recibindo 20 horas de clases prácticas e tres meses de clases teóricas, e incluíndo no prezo final a matrícula, taxas de Tráfico, exames, material, gastos de xestión...

O primeiro dato que xorde do estudio é que o custo medio deste carné de conducir nas 210 autoescolas estudiadas é de 931 euros, o que equivale a case 155.000 pesetas. Comprobouse tamén que o das autoescolas é un sector que ofrece (agás excepcións) unha información pouco transparente e escasamente útil para o consumidor (xa que dificulta compara-los prezos), e que a competencia en prezos, aínda existindo en tódalas cidades menos en Santander, é a miúdo escasa entre as diversas autoescolas dunha mesma cidade. O informe leva a outras dúas conclusións de grande interese: unha que as tarifas medias das diversas cidades son tan dispares que -sempre falando do suposto descrito- na Coruña, a media do que cobrarían as 15 autoescolas estudiadas sería de 463 euros (77.000 pesetas), mentres que nas de Vitoria esta media é case o triple, 1.279 euros (213.000 pesetas) e en Pamplona, Logroño, San Sebastián e Castellón supera os 1.080 euros (180.000 pesetas). E se comparamos entre toda a mostra do estudio, as dúas máis baratas (unha da Coruña e outra de Burgos) cobran arredor dos 400 euros (66.500 pesetas), mentres que a máis cara (unha de Vitoria) esixiría 1.372 euros (case 230.000 pesetas), máis do triple.

O carné é o mesmo

Estas diferencias de prezos poden considerarse moi rechamantes porque o que se ensina é o mesmo en todas elas, porque a cualificación dos profesores é semellante, xa que vén regulada por normativa legal, e porque o permiso que se obtén nunhas e outras autoescolas ten a mesma validez. É dicir, que as diferencias na calidade do ensino non son importantes entre unhas e outras autoescolas e que, segundo os expertos consultados, os prezos non teñen relación directa coa calidade real do servicio prestado ó cliente. Certas comodidades ou o uso de novas tecnoloxías non son esenciais para aprender mellor ou máis axiña.

E a segunda conclusión, de carácter aínda máis práctico para quen pensa saca-lo carné de conducir, é que nalgunhas cidades o esforzo de compara-los prezos entre as diversas autoescolas compensa moito. Aquelas nas que máis evidente é esta disparidade de prezos, sempre conveniente para o consumidor na medida en que lle permite aforrar gastos, son Burgos (o aforro máximo posible é de 355 euros, 59.000 pesetas), Barcelona (323 euros), Pamplona (265 euros), San Sebastián (258 euros), e Málaga, Alacante e Valencia (as tres por riba dos 200 euros de aforro posible). No outro extremo, o da escasa ou nula competencia de prezos entre as autoescolas, figura unha soa cidade, Santander, na que se rexistrou unha diferencia máxima entre as 15 autoescolas de só 2,4 euros. Na capital cántabra o prezo medio deste carné do suposto é de 1.054 euros cando a media das 14 cidades é de 930 euros.

Nas outras 13 cidades, o aforro que lle pode proporcionar ó aspirante a conductor elixi-la autoescola máis barata da súa cidade é cando menos notable. Na Coruña, tras Santander a segunda cidade na que é menor o aforro posible, a diferencia entre a autoescola máis barata e a máis cara era de 134 euros (22.000 pesetas). Polo tanto, a única cidade na que a competencia de prezos entre as autoescolas é inexistente (no suposto estudiado) é Santander.

Algúns comentarios e consellos

  • Pode esixi-la acreditación, expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, dos profesores da autoescola.
  • As autoescolas de poboacións cativas poden contar cun só profesor. As das cidades deben dispor cando menos de dous profesores e un director (pero unha mesma persoa pode exercer máis dunha función).
  • As clases prácticas non poden durar menos de 45 minutos nin máis de dúas horas seguidas. Deben impartirse en cidade e non se consideran como tales as impartidas en circuítos pechados.
  • O profesor das clases prácticas debe acompaña-lo alumno o día do exame. E a proba práctica realizarase co mesmo vehículo co que o alumno aprendeu a conducir, agás causa xustificada para o contrario.
  • As autoescolas deben subscribir un contrato de ensinanza con cada alumno, no que se deben especifica-los dereitos e deberes de ámbalas dúas partes.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto