Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

CDs para gravar, de audio e de datos: Están ben construídos e son eficaces

Un a un, 12 CD-R (gravables), oito de datos e catro de audio

VERBATIM METAL AZO 16X (CD-R de DATOS)

  • 0,77 euros cada unidade.
  • O segundo máis barato e a mellor relación calidade-prezo entre os cedés gravables de datos. Etiquetaxe con algunha indicación en inglés. Único con garantía satisfactoria. Velocidade indicada: 16x. Cor do anverso: azul escura. Aptitude á función: ben. Destaca en velocidade de gravación. Trala proba de despegado da etiqueta, o cedé quedou inservible.

HI SPACE UV PROTECTION (CD-R de DATOS)

  • 1,19 euros cada unidade.
  • O máis caro dos cedés de datos. Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés, non inclúe indicación de garantía satisfactoria. Non indica velocidade de escritura. Cor do CD: negra. Aptitude á función, ben, destaca nas instruccións de uso e mantemento. O máis lento en velocidade de gravación (4,5 minutos). Só regular nas probas de despegado da etiqueta e de rotulación.

SONY CDQ-80N1 SUPREMAS (CD-R de DATOS)

  • 0,95 euros cada unidade.
  • Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés. Sen indicación de garantía. Velocidade indicada: 16x. Cor do anverso: dourada. Ben en aptitude á función, destacando en rapidez de gravación. Só regular en: marcaxe das características do CD, relación entre a información da embalaxe e o CD, e nas probas de despegado da etiqueta e de rotulación.

TDK CD-R80 X REFLEX ULTRA (CD-R de DATOS)

  • 1,04 euros cada unidade.
  • Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés. Sen indicación de garantía. Velocidade indicada: 16x. Cor do anverso: azul-verdosa. Ben en aptitude á función, destacando en instruccións de emprego e mantemento e rapidez de gravación. Só regular en: marcaxe das características e relación entre a información da embalaxe e o cedé.

BASF/EMTEC BASF 12X (CD-R de DATOS)

  • 1,04 euros cada unidade.
  • Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés e non inclúe indicación de garantía. Velocidade de escritura: 12x. Cor do anverso: dourada. Aptitude á función, ben, con valoracións satisfactorias en case tódolos aspectos estudiados; a única excepción: a proba de rotulación.

FUJIFILM MULTISPEED 12X (CD-R de DATOS)

  • 1,17 euros cada unidade.
  • O segundo máis caro entre os cedés de datos. Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés, e sen indicación de garantía. Velocidade indicada: 12x. Cor do anverso: dourada. Aptitude á función, ben, con valoracións satisfactorias en case tódolos parámetros. Na proba de pegado e despegado da etiqueta sufriu alteracións pero o CD-R seguiu operativo.

HP INVENT HP CD-R (CD-R de DATOS)

  • 0,72 euros cada unidade.
  • O máis barato. Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés. Non inclúe instruccións de uso e mantemento, nin indicación de garantía de xeito satisfactorio (en inglés). Velocidade indicada: 16x. Cor do anverso: dourada. Aptitude á función, normal, debido á ausencia de instruccións, á marcaxe das características do CD e á relación entre a información da embalaxe e o CD. Moi ben en velocidade de gravación.

TRAXDATA GOLD 16X (CD-R de DATOS)

  • 0,95 euros cada unidade.
  • Etiquetaxe incorrecta: faltan datos do fabricante ou importador, e presenta algunhas indicacións en inglés. E non inclúe instruccións de uso e mantemento, nin garantía. Velocidade indicada: 16x. Cor do anverso: azul-verdosa. Aptitude á función, normal, debido fundamentalmente á ausencia de instruccións. Moi ben en velocidade de gravación.

TDK CD-RA-XG X REFLEX (CD-R de AUDIO)

  • 2,28 euros cada unidade.
  • O segundo máis caro, pero é a mellor relación calidade-prezo. Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés, e non inclúe indicación de garantía. Nin sinala velocidade de escritura. Cor do anverso: azulada. Aptitude á función, ben, con valoracións satisfactorias en tódolos aspectos agás na marcaxe de características, e na relación entre a información da embalaxe e o cedé.

SONY CD-RA (CD-R de AUDIO)

  • 2,55 euros cada unidade.
  • O máis caro de todos. Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés, e non inclúe indicación de garantía. Nin sinala velocidade de escritura. Cor do anverso: azul-verdosa. Aptitude á función, ben, con valoracións satisfactorias en tódolos aspectos con excepción da marcaxe de características e na relación entre a información da embalaxe e o cedé.

EMTEC CD-RA MAXIMA (CD-R de AUDIO)

  • 1,95 euros cada unidade.
  • O máis barato dos cedés de audio. Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés, e non inclúe indicación de garantía. Tampouco sinala a velocidade de escritura. Cor do anverso: dourada. Aptitude á función, normal: a marcaxe de características, a relación entre a información da embalaxe e o CD, e o resultado da proba de rotulación, non foron satisfactorias. E trala proba de despegado da etiqueta, o CD-R quedou inutilizable.

FUJIFILM CD-RA (CD-R de AUDIO)

  • 2,03 euros cada unidade.
  • Etiquetaxe con algunhas indicacións en inglés, e non inclúe indicación de garantía. Nin sinala velocidade de escritura. Cor do anverso: dourada. Aptitude á función, normal: a marcaxe de características no cedé, a relación entre a información da embalaxe e o cedé, así como o resultado da proba de despegado da etiqueta, non foron satisfactorias.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto