Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Pasividade ó velar polo cumprimento dunha lei que limita os ruídos

Varios veciños presentaron numerosas denuncias no Concello de Cartaxena ó se veren afectados por ruídos e outras molestias producidas por varios bares de copas. Diversas medicións revelaron que os niveis de ruído eran superiores ós permitidos polas ordenanzas municipais. Os veciños consideraron que a inactividade do Concello para acada-lo cesamento dos ruídos era neglixente, polo que lle reclamaron unha indemnización por perdas e danos. O asunto chegou ata o Tribunal Superior de Xustiza de Murcia que, con data do 29 de outubro do 2001, decidiu condena-lo Concello de Cartaxena a indemniza-los denunciantes con 10.968 euros anuais, mentres persistan as molestias. Para determinar esta cantidade o Tribunal considerou que as vivendas afectadas eran segundas residencias, de xeito que a indemnización se compón de 902 euros por cada mes de verán, máis outro que comprendería Nadal e Semana Santa, máis 1.352 euros polo resto das fins de semana do ano. E tamén foi condenado ó pagamento da cifra única de 6.010 euros por danos morais. Di o Tribunal que o Concello debería ordena-lo cesamento da actividade dos bares, xa que ten potestade para iso. Pero ó non facelo actuou cun claro abandono do seu deber de velar polo respecto á persoa.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto