Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O pagamento da débeda é abondo para paraliza-la poxa por non pagamento

Debido ó non pagamento das cotas da hipoteca dunha vivenda familiar, unha entidade crediticia acudiu ó xulgado contra os debedores. Antes da subhasta do piso, os seus donos entregaron as cantidades adebedadas, polo que o xulgado suspendeu a poxa. Sen embargo, a entidade crediticia recorreu a suspensión da poxa por non estar de acordo coa cantidade aboada polos debedores, xa que na opinión desta entidade a suma pagada non cubría tódolos intereses vencidos nin as custas. Ó respecto, di o xulgado de Primeira Instancia de Palma de Mallorca que é coñecido que a hipoteca é indivisible, de xeito que ata que non se pague a cantidade integramente seguirá gravando a totalidade da vivenda a esa hipoteca. Pero segundo o artigo 693 da Lei de Axuizamento Civil, ó debedor abóndalle con paga-la cantidade que debe máis os intereses que houbese ata a data da demanda, amais dos vencementos que se vaian producindo durante o procedemento. Tampouco se lle pode esixir ó debedor que pague a cantidade precisa para as custas do xuízo, xa que este pagamento non se debe realizar ata que se liquiden as mesmas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto