Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Insólita condición dunha cobertura

Un consumidor contratou unha póliza que incluía unha cobertura de invalidez absoluta, permanente e definitiva. Posteriormente, sufriu unha lesión pola que o Instituto Nacional da Seguridade Social o declarou en situación de invalidez permanente, en grao de incapacidade permanente absoluta. Pero a compañía de seguros non se aviña a aboa-lo capital asegurado, porque argumentaba que a cobertura do contrato consideraba como invalidez absoluta, permanente e definitiva só a que comporta a necesidade de ser asistido por unha terceira persoa nos actos da vida cotiá. O asunto chegou ata o Supremo, que estimou, en sentencia do 8 de novembro do 2001, as pretensións do asegurado por aplicación da Lei de Defensa do Consumidor, a Lei de Condicións Xerais da Contratación e o artigo 1288 do Código Civil. Segundo o Supremo, no contrato de seguro utilízase a expresión "invalidez absoluta" pero engádeselle unha insólita condición: que o asegurado se vexa na necesidade de ser asistido nos actos da vida cotiá por unha terceira persoa. Para o Alto Tribunal, a invalidez absoluta é "un concepto xurídico que comprende a incapacidade para todo traballo", e isto era precisamente o que lle acontecera ó asegurado e o risco cuberto pola póliza, polo que sentencia a favor do asegurado, que non participou na redacción do contrato.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto