Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai algúns anos contratei cun banco un plan de pensións. Estou no paro desde hai máis de 2 anos, aínda que tiven algún contrato de traballo durante curtos períodos de tempo. Preciso recupera-los cartos investidos no plan de pensións. Quero saber se é posible e qué pasos debo seguir.
Segundo o Real Decreto 215/1999 do 5 de febreiro sobre plans e fondos de pensións, as persoas que subscribiron un plan de pensións só poderán recupera-lo diñeiro depositado nel se é para entregalo a outro plan de pensións. Así e todo, hai unha excepción: que o titular do plan de pensións permanecera desempregado cando menos un ano seguido e sen percibir prestacións contributivas, sempre que esta excepción estea contemplada expresamente nas especificacións do plan de pensións. En caso afirmativo, a retirada do capital realizarase coas condicións e limitacións establecidas no contrato.
No tocante ós pasos que hai que seguir se se cumpren as estipulacións para recupera-lo capital, o interesado debe dirixirse á entidade coa que subscribiu o plan de pensións co fin de solicita-lo reembolso de todo ou parte do capital. Alí será informado con maior detalle sobre os documentos que debe presentar, se ben cómpre saber que necesariamente se deberá acreditar, con carácter mínimo, a situación actual e a do último ano de desemprego sen percibir prestacións contributivas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI