Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Se non se pode acudir a unha viaxe por forza maior, a axencia non pode reclamar custas pola xestión

Reservei unha viaxe (voo e estancias en varios hoteis) nunha axencia, pero despois non puiden ir por problemas familiares. Non deixei pagamento e sinal da reserva, e non puiden chamar para anulala. Agora a axencia solicítame que aboe uns gastos, xa que se non o fago enviarame o seu avogado. ¿Teño que pagar esas custas aínda que non realizase a viaxe?

Se a causa pola que non puido ir á viaxe foi de forza maior, o consumidor non ten obriga de aboar gasto ningún. Enténdese por forza maior o suceso que non se pode prever ou que, previsto, sexa inevitable, como a enfermidade propia ou dun familiar. Se se acredita isto ante a axencia de viaxes, o cliente está eximido da obriga de aboa-los gastos e a indemnización ós que se refire a Lei de Viaxes Combinadas.

Pero, segundo esta lei, se o consumidor desiste dunha viaxe contratada ou reservada, e non pode acreditar causa de forza maior, debe indemniza-la axencia cos gastos de xestión e de anulación, se os houbese. A penalización ascenderá ó 5% do importe total da viaxe se a anulación se produce de 10 a 15 días antes da saída, do 15% se é entre 3 e 10 días antes e do 25% se é nas 48 horas anteriores á partida. De non presentarse á saída, o consumidor ou usuario está obrigado ó pagamento do importe total da viaxe, aboando, no seu caso, as cantidades pendentes salvo acordo entre as partes noutro sentido.

Neste caso concreto, o consumidor deberá valora-los problemas familiares que o obrigaron a anula-la viaxe e a posibilidade de catalogalos como de forza maior. Por outra banda, chama a atención que a axencia non solicite unha cantidade en concepto de reserva da viaxe e que, achegándose a data de saída, non contacte co cliente para requiri-lo pagamento e confirmación da viaxe. Cómpre consultar, con maior detalle e achegando copia da documentación relativa á viaxe, na Oficina de Información ó Consumidor correspondente, nunha Asociación de Consumidores, ou cun avogado, sobre as circunstancias familiares que impediron a viaxe, a proba delas, a súa cualificación como forza maior, as circunstancias contractuais e a documentación existente ó respecto do contrato e reserva.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto