Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Unha vez aceptado, asinado e selado, o orzamento convértese en contrato pechado e só se poderán realizar reclamacións en función do que figure nel.
Comparar orzamentos é un labor arduo que debemos realizar con detemento e sabendo de antemán que un orzamento é, unha vez aceptado e asinado, un contrato ó que ámbalas partes se adheriron. Por iso, antes de cerrar un orzamento para unha reforma no fogar cómpre comprobarmos que cumpra uns requisitos mínimos. Amais de tódolos datos da empresa contratada, os materiais que se utilizarán e a data de finalización de obra, un orzamento debe incluír cuestións fundamentais como o importe da man de obra, a superficie que se vai reparar, o xeito de pagamento e o IVE correspondente ós electrodomésticos -se se inclúen no orzamento- e a outros materiais, xa que non sempre coinciden. Canto máis detallado sexa un orzamento, máis doado será para o consumidor reclamar en caso de problemas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI