Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

'Cookies': Pasaportes diminutos

As 'cookies' son pequenos arquivos de texto que lles permiten ós sitios-web recoñeceren ós visitantes asiduos

  Nin tan inofensivas, nin tan maléficas. As cookies son un dos poucos xeitos que teñen os sitios-web de coñeceren algo dos seus visitantes, aínda que sexa dunha maneira imprecisa e vaga. En definitiva, as cookies (galletiñas en inglés) son pequenas porcións de texto que o navegador recoñece e almacena cando visita unha páxina web. Se o visitante volve polos seus pasos e recala de novo na mesma páxina, ese sitio-web (e só ese) lerá a tarxeta de visita que lle deixou no disco duro cando estivo, polo que poderá recoñecelo e adapta-la páxina ó usuario. Polo menos, esa é a teoría.

¿Que informacións atesouran estas pezas de texto? Calquera dato sobre o usuario ó que puidese accede-lo sitio web, que, a dicir verdade, decote non son moitos. As cookies úsanse para propósitos tan prosaicos como coñece-la ruta máis habitual que os internautas realizan dentro da páxina, amosar anuncios (banners) que os usuarios aínda non viran ou personaliza-las previsións meteorolóxicas para unha cidade que o visitante prefixara. En definitiva, datos que son extremadamente difíciles de ligar á identidade real do internauta e que non o comprometen de ningún xeito. Para a web, nestes casos, o usuario é un número de identificación. Non lle interesa coñecer quén está detrás.

Identificacións

Non obstante, onde máis útiles deveñen as cookies é á hora de almacena-lo contrasinal do internauta nesa web concreta, aforrándolle así a molestia de identificarse cada vez que acceda e, converténdose, de feito, en pequenos pasaportes que permiten a entrada a multitude de páxinas que personalizan o seu contido para o usuario. Sen embargo, é moi importante que cada galletiña só poida ser vista pola web que a creou, se non, eses datos que o navegante decidiu ofrecerlle a unha web calquera poderían ser vistos por calquera.

Desafortunadamente, diversos fallos detectados nos navegadores de Internet máis comúns convertéronse en auténticos buratos que internautas sen escrúpulos aproveitan para se apropiaren destes datos almacenados no disco duro. Iso si, as únicas informacións que están en perigo son as que enviaramos a un web. De ningún xeito corre risco o resto de informacións gardadas no equipo. Todo o que non estea na carpeta onde se amorean as cookies (en cada sistema ten unha localización diferente) non pode ter acceso desde o exterior.

Para protexerse, bastan dúas vías: por unha banda, mante-lo navegador sempre actualizado, xa que será o único xeito de que os últimos parches de seguridade suplan as lagoas descubertas despois da súa saída ó mercado. Unha visita ó web do navegador correspondente no que executa-las actualizacións automáticas que tanto Netscape coma Explorer incorporan será abondo para emenda-los fallos coñecidos.

Impedi-la entrada

Por outra banda, cómpre ter en conta que ninguén está obrigado a usa-las cookies. Os navegadores que permiten o seu uso (a inmensa maioría) incorporan a opción de limitar ou prohibir tallantemente que o ordenador garde estas galletiñas. Lamentablemente, a maioría dos usuarios descoñece a propia existencia destes arquivos, polo que dificilmente poderá xestionalos.

Basicamente, o internauta ten tres opcións: permiti-la libre circulación e almacenaxe de cookies (a opción por defecto que a maioría dos usuarios pon en práctica), prohibir tallantemente a inclusión de calquera galletiña no seu disco duro e, para rematar, ser preguntado cada vez que unha web pida a instalación dun destes arquivos.

A terceira opción é a máis efectiva, xa que limita o número de cookies gardadas ás que de xeito consciente lles deu o seu visto bo o usuario, polo que o seu número se limitará ás que proporcionen un beneficio claro.

De calquera xeito, é abondo con ir á carpeta onde estean as cookies (adoita chamarse así), e abrir con calquera procesador de textos, por simple que sexa (o Simpletext de Macintosh, o Pico de Linux ou o Bloc de notas de Windows) calquera arquivo dos que alí se atopen. Se o internauta navega a cotío, atoparase con ducias deles. Poderá abrilos, ve-lo seu contido e guindalos ó lixo a discreción. O computador non se resentirá desta perda.

Euro dixital

Un mes despois de que o repenicar dos moedeiros cambiase e a cantilena '6 euros son 1.000 pesetas' calase entre os consumidores, aínda queda unha materia pendente: os ordenadores. E é que, no noso país, o euro trae unha novidade: pasamos de ter unha moeda coa abreviatura (pta) a outra co símbolo (E) que os ordenadores deben interpretar; como o ien (¥) ou o dólar ($).

Tradicionalmente, os sistemas de codificación de texto incluíron o logo da moeda norteamericana, pero ignoraron outros carácteres que non estivesen na grafía anglosaxona (tiles e eñes incluídos). Por iso, do mesmo xeito en que hoxe, ó facer certas conversións entre formatos de arquivo, os tiles se converten en carácteres indescifrables, cando un dos programas que participa na creación, envío ou impresión dun documento ignore o novísimo símbolo do euro substituirao por outro que non se lle asemelle en nada.

Por iso, lonxe dos triunfalismos que recomendan usa-lo símbolo da nova moeda en tódolos documentos, para o usuario medio que non busque complicacións o ideal é usa-lo logo só cando poida comprobar de xeito indubidable que vai imprimirse correctamente (probar unha tipografía concreta, nun ordenador concreto, cunha impresora concreta). Se non, é moito máis efectivo limitarse a escribi-lo nome do acabado de nacer con tódalas súas letras.

Reloxo manual
yugop.com/ver3/stuff/03/fla.html

  Bolígrafo, papel e unha imaxinación desbordante déronlle vida a un proxecto realmente orixinal. Non é máis ca un reloxo, pero fabricado de xeito amanuense.

Receitas de galletas
www.nutricionyrecetas.com/recetas/galletas

  Na Rede hai sitio para todo tipo de galletas. Nesta páxina amósase cómo preparar un variado das de verdade, desas que non se gardan no disco duro senón no estómago.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto