Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Accidentes de tráfico e aseguradoras: Cando dar parte se complica

A ampla casuística de sinistros e o noso descoñecemento das condicións do seguro motivan que dar parte se converta nun labor difícil e problemático

  Contrariamente ó que puidese parecer, contratar un seguro de automóbil -cometido que (se queremos facelo ben) require contactar con varias compañías aseguradoras e compara-las súas coberturas, tarifas e condicións- é a parte máis sinxela da nosa relación coas aseguradoras. O primeiro parte de accidente pode revelarlle ó usuario se fixo ou non unha boa fichaxe, xa que a aseguradora terá que responder ás coberturas contratadas. Este primeiro parte pódese converter nun momento de descubrimento para o cliente, que pode atoparse con que as indemnizacións teñen un límite, con condicións para cobra-las coberturas ou con excepcións insospeitadas recollidas nesa letra negra e tan pequena coma pouco lida.

Considerando a alta taxa de sinistros en España (superouse no 2000 a media europea e supuxo para as aseguradoras un desembolso de 6.000 millóns de euros) e a ampla e variada casuística de accidentes, cumpriría empregar media hora en le-las cláusulas da nosa póliza. Saberemos así cómo actuarmos ante circunstancias pouco frecuentes (qué acontece se colide contra nós un vehículo sen seguro), a quén pedirlle responsabilidades se nos rouban o coche e aparece estragado ou qué facermos se, no caso de requirirmos asistencia xurídica, dubidamos do bo facer dos avogados da nosa compañía e preferimos contratar un pola nosa conta.

Consorcio de Compensación de Seguros. Este organismo estatal fai a función de asegurador directo de riscos extraordinarios que, pola súa envergadura, non serían asumibles polas compañías de seguros (catástrofes naturais, actos de terrorismo, riscos nucleares...) e doutras circunstancias (clientes que ningunha entidade de seguros acepta debido á súa potencial taxa de sinistros, vehículos oficiais de estado...). Tamén funciona como asegurador indirecto e faise cargo subsidiariamente do seguro obrigatorio (en casos como danos causados por vehículos descoñecidos ou de compañías en creba). O diñeiro para aboa-las devanditas eventualidades obtense dun fondo común desde o que o Consorcio aboa as indemnizacións pertinentes. Aínda que non o saibamos, parte da prima do noso seguro alimenta ese fondo común.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto