Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O concesionario tivo que devolve-lo prezo do vehículo novo defectuoso

Un consumidor adquiriu en agosto de 1999 un vehículo novo da marca Nissan. Desde o comezo presentou avarías reiteradas sempre relacionadas coa dirección. Os talleres do concesionario, como a avaría non se solucionaba, deriváronlle o problema ó fabricante, pero este negou calquera disfunción no vehículo. Finalmente, o consumidor demandou ó vendedor, solicitándolle a devolución do prezo aboado, restituíndo o vehículo. Para a Audiencia Provincial de Lleida, e así o dicta na súa sentencia do 20 de xuño do 2001, era evidente que o funcionamento do vehículo distara de ser óptimo xa que se acreditou que se desviaba cara á dereita dun xeito notorio abondo como para que non fose aceptable nun vehículo de nova adquisición. Estimou a demanda do consumidor e aplicou o artigo 11 da Lei Xeral de Consumidores e Usuarios, que di: se a reparación efectuada non é satisfactoria e o obxecto non cumpre as condicións óptimas para o seu emprego, o usuario do producto defectuoso ten dereito á substitución do obxecto adquirido por outro de idénticas características ou á devolución do prezo pagado. Así, condenou o vendedor a devolve-lo prezo do vehículo e ó pagamento das custas do xuízo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto