Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha profesora de golf ensinaba a unha alumna a manexa-los paos nun mini-golf. Posicionouse de seguido xusto detrás da xogadora, de xeito que esta ergueu o pao máis da conta e lesionou á profesora. Polos danos causados, a profesora demandou á súa alumna, pero perdeu o preito. Considera o Tribunal Supremo, en sentencia do 27 de setembro do 2001, que non hai culpa ningunha nunha xogadora inexperta ou pouco adestrada no manexo do pao regulamentario, que o ergue máis da conta porque é parte do xogo e non constaba que fose advertida ou instruída sobre limitacións de altura e distancia. O golf nun campo mini non é, para o Tribunal, un xogo perigoso, polo que a ausencia total de neglixencia da alumna, sobre todo cando actúa seguindo instruccións da profesora, impide a imputación de responsabilidade. A causa dos danos foi unha acción imprevisible, polo que o Tribunal exculpa de responsabilidade á alumna, ó dono das instalacións e á entidade aseguradora.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si acepta o continua navegando, consideramos que está conforme a su uso. Puede averiguar cómo ajustar la configuración u obtener más información aquí.