Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A empresa de mantemento do ascensor indemnizou a un veciño que tropezou ó saír del

Como consecuencia dunha caída ó saír do ascensor, un veciño sufriu lesións na zona maxilar e perdeu dous dentes. Considerou que a caída se produciu porque ó para-lo ascensor había un desnivel entre a caixa e o chan do piso. Reclamoulle polas súas lesións e secuelas 786.736 pesetas á compañía Thyssen Boetticher, S.A., que era a encargada do mantemento do ascensor. Aínda que se sabía que había diferencias de nivel apreciables entre o chan do ascensor e o dos distintos andares, a empresa de mantemento entendía que non era da súa responsabilidade. A Audiencia Provincial de Madrid acepta na súa sentencia do 1 de xuño do 2001 que a Instrucción Técnica só delimita a zona de desencravamento, que non poderá exceder de 20 centímetros, arriba ou abaixo, do nivel do piso e que se amplía a 35 centímetros cando sexan automáticas as portas de piso e cabina. Pero detalla que iso non significa que esa diferencia de nivel non se deba reducir para seguridade do usuario, se isto é tecnicamente posible, pois iso é o que aconsella a prudencia e a dilixencia esixible. O Tribunal considerou que estaba ó alcance da empresa de mantemento conseguir unha maior igualdade entre o nivel do ascensor e o dos pisos, pois a experiencia amosa que as imperfeccións na nivelación son a miúdo corrixidas polas compañías de mantemento. Estimou a demanda do usuario e condenou á compañía de mantemento a indemnizalo coa cantidade reclamada.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto