Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A cota de participación nun inmoble determina as cargas e beneficios da comunidade

Resido nunha vivenda que consta de 6 apartamentos de 48 metros cadrados e 6 pisos de 84 metros cadrados. Contratamos un administrador e páganse as cotas de gastos a razón de 3.500 pesetas mensuais os apartamentos e 6.000 pesetas os pisos. Paréceme unha diferencia moi considerable e non xustificada. No Rexistro da Propiedade constan as normas de condominio nas que se di que podemos elaborar un regulamento interno por réxime de maioría para os gastos de administración e servicios. Sen embargo, o administrador dinos que isto debería facerse por unanimidade. Pero iso non é o que citan as normas de condominio. ¿Quen ten a razón? ¿Canto deberían paga-los pisos e os apartamentos?

  O artigo 3 da Lei de Propiedade Horizontal establece que a cada piso ou local se lle atribuirá unha cota de participación con relación ó total do inmoble. Esta cota servirá para determina-la participación nos gastos e nos beneficios da comunidade. A participación nos gastos comúns e extraordinarios débese facer conforme a esta cota, non sendo que se pactara outro sistema -por exemplo, a partes iguais- tendo presente que para cambia-la cota é necesaria a unanimidade, porque implica unha modificación do título constitutivo do réxime de propiedade horizontal. En cambio, a maioría é necesaria para outras decisións, como as que atinxen a establecer normas de administración dos gastos comúns: modifica-la periodicidade de pagamento, as porcentaxes de incremento anual e o uso de servicios comúns.

Cómpre lembrar que a cota non é só a base para determina-la participación nas cargas, senón tamén nos beneficios. Así resultaría, por exemplo, que ante unha destrucción do edificio, a participación no solar se imputaría a cada un dos propietarios en proporción á cota do seu piso ou apartamento e non a partes iguais.

O artigo 6 da Lei de Propiedade Horizontal establece que as normas de réxime interior poden ser fixadas polas comunidades de propietarios para regula-los detalles de convivencia e a adecuada utilización dos servicios comúns, dentro dos límites establecidos pola lei e polos Estatutos, se os houbese. Inscríbense no Libro de Actas e son aprobadas por maioría, tal e como consta no título da súa comunidade inscrito no Rexistro da propiedade. Nas escrituras de cada piso e apartamento reflíctese a cota de participación, de tal maneira que a suma de todos eles debe dar como resultado un 100%.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto