Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Extraviou as súas tarxetas de crédito, atopáronas e devolvéronllas, pero despois de seren utilizadas

Unha fin de semana extraviei a miña carteira, que contiña dúas tarxetas de crédito, o meu DNI e unha tarxeta co meu enderezo e teléfono. Non a botei de menos ata o luns. Antes de contactar con VISA unha muller chamoume dicindo que atopara a miña carteira, que estaba intacta e que ma devolvería ó día seguinte. Cando a tiven no meu poder vin que todo estaba en orde, comprobei a conta corrente e quedei tranquilo. Pero ó chegarme o extracto da VISA descubrín que durante a perda da carteira se realizaran 4 compras por valor de 23.130 pesetas. Acudín ó banco e ás tendas onde se realizaron os gastos e nunha delas aseguráronme que a muller que me devolveu a carteira se fixo pasar pola miña muller para pagar coa miña VISA. As outras dependentas non lembraban esas vendas e cando a policía as visitou afirmaron que un home se fixo pasar por min. Xa que como semella non verificaron o DNI en ningunha das tendas, ¿teño dereito, se non localizo á muller, a reclamárlle-los importes vendidos? Se a muller aparece, ¿que posibilidades hai de que me aboe o que me quitou?

  O que causa dano a outro por neglixencia está obrigado a repara-lo dano causado. Neste sentido pronúnciase o artigo 1902 do código Civil, establecendo o artigo seguinte, o 1903, que esta obriga é esixible tanto polos actos ou omisións propios coma polos das persoas de quen debe responder.

Sobre se houbo ou non neglixencia por parte dos donos ou dependentes dos establecementos en casos coma este, os tribunais veñen dicindo que resulta evidente a neglixencia do empregado ou dono do comercio onde se efectúa a compra mediante unha tarxeta de crédito sen comproba-lo DNI e a coincidencia das sinaturas. Estas conductas poden causar un innegable prexuízo ó titular da tarxeta de crédito, do que está obrigado a responde-lo titular do establecemento.

Neste caso concreto as 23.130 pesetas cargadas en conta refírense a compras realizadas en catro establecementos diferentes. O máis adecuado e rápido é reclamarlle a cada un dos comercios o importe correspondente. Débese facer consta-la queixa nas follas de reclamacións e convén intentar que os establecementos se sometan a unha arbitraxe de consumo. Se o establecemento está adherido á arbitraxe, non haberá dificultades para iso. Tamén se pode acudir á vía xudicial sen necesidade de avogado -xa que se trata dunha cantidade inferior ás 150.000 pesetas-, alegando os artigos 1902 e/ou 1903 do Código Civil.

En última instancia, como a denuncia policial xa foi presentada, se as persoas que subtraeron e utilizaron as tarxetas fosen detidas, iniciaríanse trámites xudiciais penais. Así, a víctima do roubo podería reclama-la responsabilidade civil derivada do uso fraudulento das súas tarxetas de crédito e do falsificado da sinatura en documento mercantil.

En casos coma este débese proceder de inmediato, en canto se teña coñecemento da perda ou subtracción, a notificar e denuncia-lo acontecido. Desde o punto de vista da responsabilidade da entidade financeira e das condicións xerais da tarxeta, o consumidor é responsable pola utilización fraudulenta da tarxeta por terceiros durante o prazo de tempo anterior á notificación. Aínda así, nese prazo de tempo a responsabilidade do consumidor queda limitada ó importe que figura nas condicións do contrato, sempre que esa utilización fraudulenta non sexa atribuíble a dolo ou culpa do titular.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto