Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Manipula-la instalación eléctrica: Non se debe emprender traballos que superen os nosos coñecementos

Revise periodicamente a instalación eléctrica do seu fogar para detectar posibles avarías en enchufes, cables, interruptores...

  Fugas de corrente eléctrica facilmente evitables, manipulacións incorrectas de enchufes, ou cables e o afán de amañarmos nós mesmos pequenos desaguisados provocan cada ano numerosos accidentes domésticos -algúns deles moi graves- que se deben evitar seguindo unhas sinxelas pautas. Así e todo, ante a dúbida débese optar pola seguridade e contratar un profesional.

  • Cando traballe nunha instalación ou en aparellos eléctricos respecte as normas de seguridade. Amais de correr perigo de morte, unha intervención desafortunada pode provocar un incendio.
  • Non emprenda un traballo que supere os seus coñecementos. Solicite os servicios dun profesional.
  • Antes de realizar calquera reparación desconecte a corrente eléctrica. Se despois de facelo ten dúbidas, utilice un buscapolo (detector de tensión) para comprobar que non hai unha fuga de electricidade.
  • Non esqueza que o corpo humano mollado é un excelente conductor de electricidade. Manipule as instalacións e os aparellos eléctricos coas mans totalmente enxoitas. Evite estar descalzo ou cos pés húmidos.
  • Comprobe que tanto os circuítos coma os aparellos eléctricos teñan conectadas as "tomas de terra". A toma de terra é unha conexión (verde e amarela) desde o enchufe ata o chan -a terra é moi boa conductora de electricidade- que serve para descarga-la corrente que se produce por unha fuga ou un illamento deficiente. Convén conecta-los electrodomésticos potentes a enchufes con toma de terra, xa que esta toma constitúe un elemento de seguridade ante calquera fallo dun circuíto ou dun aparello.
  • Cada certo tempo, prema o botón de proba do interruptor diferencial para comprobar se funciona correctamente. Este interruptor salta cando detecta fugas de corrente e tamén se coñece como salvavidas porque evita que nos electrocutemos ó tocarmos un electrodoméstico polo que se está fugando a corrente. Se non dispara é que está avariado e daquela non estará protexido. E se algún aparello dá formigo, desconécteo inmediatamente e chame a un técnico. Quizais a súa casa non dispoña de diferencial ou o que ten non sirva.
  • Desenchufe os aparellos eléctricos que non use a miúdo. Desconecte tamén os electrodomésticos que vaia manipular ou limpar. Afágase a desenchufa-los aparellos tirando do enchufe illante, nunca do cable.
  • Substitúa os cables estragados por outros novos. Evite empalmalos, pero se o fai, non recorra á cinta illante como recubrimento. Non só é un método pouco seguro, senón prohibido pola normativa vixente. Utilice os conectores destinados a esta función.
  • Non bloquee os interruptores automáticos para que funcionen libremente no caso de fallo na instalación.
  • Nunca substitúa un fusible que saltara por outro de superior intensidade.
  • Non empregue grampas correntes para suxeita-los cables á parede. Poderían corta-lo illamento e establecer contacto.
  • As tomas de corrente múltiples, "ladróns", teñen unha capacidade limitada que nunca se debe exceder. Non conecte varios aparellos a un mesmo enchufe xa que o exceso de carga pode queima-lo circuíto e producir incendios. Elixa modelos altamente seguros e descarte os encadeamentos de enchufes e adaptadores.
  • Lembre que a combinación de auga e electricidade fan do cuarto de baño a habitación máis perigosa da vivenda. Non instale interruptores, enchufes nin aparellos de iluminación nas proximidades da bañeira, tamén está prohibido colocar interruptores nun radio inferior a un metro.
  • Se ve un enchufe deteriorado procure cambialo canto antes. Evitará que queza en exceso e provoque un curtocircuíto ou mesmo un incendio. Se está queimado, cámbieo e non volva enchufar un aparello de elevada potencia, que é a razón pola que se queima.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto