Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

A xestión das inmobiliarias a exame: visitáronse 56 en 14 cidades: Un servicio aceptable, pero inzado de deficiencias e irregularidades

Case todas aceptan diñeiro negro, as que venden VPO fano a prezos de mercado libre e máis da metade non informa ben sobre a comisión que cobran

As inmobiliarias ofrecen no noso país un aceptable servicio, pero a súa operativa cotiá presenta graves irregularidades, relacionadas co diñeiro negro e coas VPO, amais de importantes deficiencias na esixible transparencia informativa en cuestións de interese para o cliente e na cantidade, calidade e precisión da información que se ofrece sobre as vivendas que poden satisface-las necesidades do usuario. E todo iso, malia ó elevado custo que as xestións das empresas inmobiliarias supoñen para usuario que formaliza con elas unha relación contractual: por vender un piso de 120.000 euros (uns 20 millóns de pesetas) o máis frecuente é que cobren entre 3.600 e 6.000 euros (entre 600.000 e un millón de pesetas), máis o 16% de IVE. Ou, dito doutro xeito, entre o 3% e o 5% do importe da venda.

Esta é a conclusión global da investigación realizada por CONSUMER, logo de que o pasado mes de decembro os seus técnicos efectuasen (presentándose como un cliente calquera) dúas xestións de información -unha sobre compra e outra relativa á venda- de vivenda nunha única visita en cada unha das 56 inmobiliarias estudiadas en 14 cidades: Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Málaga, Bilbao, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Castellón, Murcia, Burgos, Logroño e Santander. As variables estudiadas xurdiron, fundamentalmente, da asesoría de expertos en temas inmobiliarios e do Decreto 3248/1969 que describe as obrigas dos APIs ou axentes de propiedades inmobiliarias.

O 98% das inmobiliarias aceptaron mediar en operacións con "diñeiro negro" entre os seus clientes, cando mercar ou vender evadindo impostos constitúe delicto fiscal. A mecánica é a seguinte: a escritura non se realiza polo importe total da compravenda, e deste xeito o cliente evita paga-lo IVE (7%) dos cartos non escriturados, e tamén os gastos de notaría deses cartos co seu IVE do 16%. O principal beneficiario desta práctica ilegal non é a inmobiliaria, senón o cliente que vende o piso. Das 56 inmobiliarias só unha, de Castellón, se negou a aceptar operacións con diñeiro opaco ó fisco tanto na compra coma na venda.

Outra realidade decepcionante é que as poucas (só o 12%) que ofrecen Vivendas de Protección Oficial (VPO) fano en tódolos casos a prezos equiparables ós das vivendas de mercado libre, cando o que sinala a normativa ó respecto é que o prezo das VPO sexa notablemente inferior ó das que non o son. Ademais, a Administración fixa uns prazos de tempo mínimos desde que se construíron as VPO para que poidan pasar a seren vivenda con prezo libre. Loxicamente, as inmobiliarias propuxeron que a maior parte do pagamento se realizase en diñeiro negro. Un exemplo real e moi representativo: nunha inmobiliaria ofrecéusenos unha VPO por 21.300.000 pesetas que debiamos escriturar en só 7 millóns, todo o cuantioso resto habería que pagalo en diñeiro negro. E esa vivenda protexida tiña só 13 anos e, segundo a propia inmobiliaria, "non queda libre ata que cumpra 30 anos".

Ademais, case seis de cada dez inmobiliarias visitadas non informaron (nesta primeira visita; non se realizou outra) con suficiente transparencia ben sobre o importe da comisión que cobran polo seu traballo tanto na venda coma na compra ou ben sobre o IVE (16%) que esta comisión soporta e que debe paga-lo cliente. Cómpre salientar que tódalas inmobiliarias visitadas en San Sebastián e Alacante informaron perfectamente sobre esta comisión.

Por outra banda, ningunha ofreceu información dunha mínima calidade sobre a conxuntura do mercado da vivenda: se pagaba ou non a pena mercar ou vender nese preciso momento, e por qué (tipos de xuro dos créditos hipotecarios, situación e expectativas do mercado inmobiliario...). Tanto para a compra coma para a venda, os comerciais afirmaban que é un bo momento para as operacións inmobiliarias ou que "nin si nin non" ou que "é tan bo momento coma outro calquera". En ningún caso os comerciais fixeron referencia ó momento inmobiliario en termos de tendencias do mercado.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto