Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Frixideiras eléctricas: A máis barata, unha das mellores

Atopáronse defectos de seguridade, pouco importantes, en dúas das oito frixideiras analizadas

Unha por unha

PHILIPS HD-6110

  • 50,42 euros, 8.390 pta. A máis barata e mellor relación calidade-prezo.
  • Calidade global: Moi ben. Sólida e ergonómica, e a máis lixeira (2 quilos). Filtro antigraxa, tapa desmontable, asas de plástico e termóstato de 5 posicións. A única cubeta non extraíble. O menor consumo eléctrico. Moi ben en ergonomía, acabado, mantemento, protección de mandos, precisión de termóstato en temperaturas altas e calidade de fritura. Pouca precisión de termóstato en temperaturas mínimas.

TEFAL VISIALIS 1000

  • 107,58 euros, 17.900 pta. A máis cara.
  • Calidade global: Moi ben.
  • Certificado de garantía incorrecto. Bastante sólida e ergonómica. A máis pesada (4,5 quilos). Filtro anticheiro e antigraxa e termóstato con 6 posicións. Tapa desmontable con mira (sen sistema anticondensación) e asas de plástico. Xunto con Philips, a mellor, especialmente en mantemento e limpeza e en precisión do termóstato.

FAGOR F-5220

  • 60,04 euros, 9.990 pta.
  • Calidade global: Ben.
  • Moi ergonómica, sólida e lixeira (2,7 quilos). Tapa desmontable e asas de plástico, interruptor de acendido, e termóstato con catro posicións. Sen filtros. Manual de emprego completo. Unha das máis rápidas en quentar, con desviación do termóstato (entre un 15% e un 20%) en temperaturas altas. Baixo consumo eléctrico.

UFESA FR-1515

  • 66,05 euros, 10.990 pta.
  • Calidade global: Ben
  • Tres anos de garantía (o segundo e terceiro, só para compoñentes). Ergonómica e bastante sólida. Filtro antigraxa, tapa desmontable e asas de plástico, termóstato de 4 posicións e interruptor e piloto de acendido. Destaca a rapidez de quentamento e arrefriamento, e a precisión do termóstato na temperatura mínima.

SOLAC 653

  • 66,05 euros, 10.990 pta.
  • Calidade global: Aceptable.
  • Tres anos de garantía (o segundo e terceiro, só para compoñentes). Bastante sólida pero pouco ergonómica: non ten asas. Filtro antigraxa, tapa desmontable e termóstato con 6 posicións se ben a temperatura mínima é demasiado baixa: 140 ºC. Ben en aspecto e acabado. A única que suspende na calidade de fritura.

TAURUS Prof-3

  • 78,07 euros, 12.990 pta.
  • Calidade global: Aceptable.
  • Manual de instruccións sen a indicación "Non pó-la tapa sobre a frixideira mentres se está frixindo". Moi ergonómica e sólida. Tapa desmontable, asas de plástico e termóstato con só 3 posicións. Destaca a precisión do termóstato en temperatura máxima. Sen filtros. Discrepancia do 24% entre o volume de aceite indicado e o requirido.

TAURUS STAR-3

  • 54.04 euros, 8.992 pta. Barata.
  • Calidade global: Aceptable.
  • Bastante sólida, pero das menos ergonómicas. Tapa desmontable, termóstato con só 3 posicións, e interruptor de acendido. Sen filtros (só unha reixa metálica), nin patas antiescorregantes. Incumpre a norma de seguridade: supera, por pouco, a temperatura máxima, e o quecemento das súas paredes foi excesivo. Mandos protexidos por unha funda transparente.

UFESA FR-1230

  • 93.16 euros, 15.500 pta. Cara.
  • Calidade global: Aceptable
  • Tres anos de garantía (o segundo e terceiro, só para compoñentes). Moi ergonómica e sólida. Tapa desmontable e asas de plástico, termóstato con 4 posicións, interruptor e piloto de acendido. Sen filtros. Incumpre a norma de seguridade: quecemento excesivo das súas asas de plástico. Termóstato moi preciso.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto