Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un menor perdeu a visión dun ollo como consecuencia da patada que lle deu un compañeiro mentres xogaban ó fútbol no patio dun colexio público de Huesca. O pai demandou á Administración sobre a base da responsabilidade patrimonial da Administración Pública e solicitou unha indemnización en concepto de perdas e danos. A sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional estimara a petición do demandante, condenando a Administración a indemniza-lo menor con oito millóns de pesetas. Sen embargo, ante o recurso, a sentencia do Tribunal Supremo en sentencia do 24 de xullo de 2001 deixa sen efecto a anterior, considerando a ausencia de responsabilidade da Administración. Di o Tribunal que o recoñecemento da responsabilidade patrimonial da Administración esixe acreditar un dano individualizado e avaliable cunha imputación individual que non deba soporta-lo prexudicado, que a lesión non proveña de forza maior e sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servicios públicos e, para rematar, que exista unha relación de causa-efecto entre a actividade administrativa á que se achaca o dano e a lesión. Neste caso non procede imputarlle o dano á administración docente porque a lesión foi causada por unha patada fortuíta e involuntaria recibida no lance do xogo, polo que se produciría aínda que fose maior a vixilancia.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI