Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O concesionario tivo que devolve-lo prezo da venda dun coche que presentaba un defecto antes da compra

Un consumidor adquiriu nun concesionario un vehículo de segunda man cunha garantía por un ano limitada a 400.000 pesetas. O mesmo día da compra advertiu defectos na dirección do vehículo polo que reclamou verbalmente a súa reparación. Poucos días despois, o vehículo sufriu un accidente e a rótula da dirección rompeu. O consumidor solicitou a devolución do prezo total, xa que consideraba abusiva a limitación da garantía a 400.000 pesetas. O vendedor apelou a sentencia de primeira instancia, ó entender que non se probaran os defectos do vehículo. Tanto en primeira instancia coma na apelación estimouse a pretensión do consumidor, atendendo ós artigos 11.3, 25, 26, 27 e 28 da Lei Xeral de Defensa do Consumidor e Usuario (LXDCU). Segundo o artigo 28 da LXDCU, o consumidor debía probar que o vehículo presentaba un defecto no momento da súa compra e o vendedor debía acreditar que a rotura da rótula da dirección se debeu, non a defectos preexistentes, senón exclusivamente ó accidente. O consumidor probou o defecto por testemuñas e por un informe pericial posterior ó accidente, polo que a Audiencia di que os defectos do vehículo foron os determinantes do accidente, sen que o demandado probase que sometera o vehículo a unha revisión completa previamente á venda.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto