Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A axencia de comercio polo miúdo indemnizou xunto coa de comercio por xunto á familia dunha viaxeira falecida

Un matrimonio concertou cunha axencia de viaxes polo miúdo un combinado a Santo Domingo (República Dominicana) organizado por outra axencia por xunto. Durante un traxecto en avioneta, esta sufriu un accidente e caeu ó mar. A esposa faleceu. O home solicitou que se condenase ás axencias de viaxes por xunto e polo miúdo, de xeito solidario, ó pagamento de 15 millóns de pesetas como indemnización de danos e perdas pola morte da súa muller. A axencia polo miúdo alegou que actuaba de comisionista da de comercio por xunto, polo que non quedaba obrigada fronte ás persoas coas que contratou a viaxe ofertada pola de comercio por xunto. Finalmente, o Tribunal Supremo condenou, en sentencia do 23 de xullo de 2001, a ámbalas empresas. Estimou que a Orde do 4 de abril de 1988 reguladora das axencias de viaxes cualifica as axencias polo miúdo como aquelas que comercializan o producto das axencias de comercio por xunto vendéndolle directamente ó consumidor, pero tamén como aquelas que lle proxectan, elaboran, organizan e venden toda clase de servicios e paquetes turísticos directamente ó usuario (sen lles poderen ofrece-los seus productos a outras axencias). É dicir, non son meros intermediarios, polo que comparten culpa.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto