Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
O meu cónxuxe morreu hai varios anos deixando unha propiedade e sen facer testamento. Só teño un fillo maior de idade e quere vende-la propiedade. ¿Canto me toca a min como viúva e ó meu fillo como herdeiro?
Cando falece un dos cónxuxes sen facer testamento, deixando viúvo/a e fillos, estes herdan a totalidade dos bens do falecido, mentres que á parella correspóndelle o usufructo dun tercio dos bens. Neste caso, o caudal hereditario constitúeo un ben inmoble propiedade privativa do falecido e habendo un fillo único e cónxuxe viúva, correspóndelle ó fillo a propiedade do inmoble e á nai o usufructo dun tercio sobre o devandito inmoble.
De acordo co artigo 839 do Código Civil, os herdeiros poden mercarlle ó cónxuxe a parte estimada como usufructo mediante un capital en efectivo e, no seu defecto, por virtude de mandato xudicial. Se se quere valora-lo usufructo en diñeiro, poden chegar ó acordo que desexen, se ben poden orientarse polo criterio fiscal establecido no artigo 26 da Lei do Imposto de Sucesións e Doazóns.
En calquera caso, nas sucesións sen testamento cómpre realizar unha serie de trámites previos, como son:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI