Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Chega o euro: Só cambia a moeda

Usar conversores e referencias -6 euros = 1.000 pesetas- durante os primeiros días facilitaráno-la nosa adaptación ó euro.

  Quedan poucos días para que o euro, do que tanto oímos falar, substitúa á peseta. Durante os últimos meses as Administracións dos países da zona euro esforzáronse en facerlles chegar ós cidadáns todo tipo de información para que se familiaricen coa nova moeda. Sabemos xa cántos billetes e moedas haberá, ata cándo se poderán utiliza-las pesetas, cómo distinguir billetes falsos de auténticos... Pero non está de máis recapitular e lembrar uns sinxelos consellos para facilita-la implantación do euro.

  • Lembre que 1 euros = 166,386 pesetas.
  • Afágase á idea de que desde o 1 de xaneiro do 2002 a maior parte dos establecementos lle devolverán os cambios en euros, aínda que vostede aboe en pesetas os seus servicios.
  • Durante o período de coexistencia non poden cobrarlle comisións por pagar con billetes e moedas en euros.
  • A partir do 1 de marzo do 2002 só poderá pagar con euros. Sexa previsor e cambie as súas pesetas antes desa data. Se despois do 28 de febreiro aínda lle quedan pesetas por cambiar, pode facelo, de xeito gratuíto, en calquera entidade financeira ata o 30 de xuño do 2002. Se a partir do 1 de xullo do 2002 aínda ten pesetas á súa disposición, só poderá dirixirse ó Banco de España para trocalas.
  • Cambie as súas pesetas só en entidades financeiras. Desconfíe de calquera outro xeito de troco fóra dun banco ou caixa.
  • Faga canto antes borrancho e conta nova. Desde o 1 de marzo do 2002 a peseta será historia, así que comece xa a pensar en euros.
  • Só poderá utiliza-los talonarios en pesetas ata o 31 de decembro do 2001. Sexa previsor e solicítelle canto antes ó seu banco ou caixa un talonario de cheques en euros.
  • Se desexa cambiar a euros billetes dos países da Unión Monetaria europea (UME), tamén coñecida como zona euro, agarde ata o 1 de xaneiro. Poderá trocar divisas da UME a euros, de maneira gratuíta, no Banco de España. Os bancos e caixas de aforro poden cobrar comisións.
  • Practique coa regra básica do 6 en euros e cree referencias:
    • 3 euros: 500 pesetas
    • 6 euros: 1.000 pesetas
    • 12 euros: 2.000 pesetas
    • 30 euros: 5.000 pesetas
  • Ata que adquira un pouco de soltura, non dubide en empregar unha minicalculadora ou un conversor.
  • Afágase ós céntimos, e non esqueza a regra oficial de conversión e redondeo: se o terceiro decimal é inferior a 5, redondéase á baixa, é dicir, o segundo decimal non varía. Se é 5 ou superior, redondéase á alza. O segundo decimal aumenta unha unidade.
  • Durante os primeiros días de convivencia das dúas moedas use dúas carteiras, unha para euros e outra para pesetas. Resultaralle máis doado recoñecer e manexa-los seus cartos.
  • Toque, olle e incline. Son as tres probas que debe empregar para comproba-la autenticidade dos billetes de euro. Os billetes de euro incorporan, entre outros elementos de seguridade, un fío de seguridade vertical que os atravesa totalmente, unha filigrana visible mediante transparencia, un holograma e unha impresión en relevo.
  • Ante calquera dúbida, non dubide en preguntar. Anote o teléfono da Campaña de Comunicación do Euro: 901 1 1 2002

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto