Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Nace o Barómetro do Consumo: Confía nos alimentos, móstrase pouco satisfeito coa información e cre que é el mesmo quen mellor defende os seus dereitos

E a confianza que amosa ante bares e restaurantes é aínda menor, aínda que suficiente se exceptuámo-los establecementos de comida rápida. Por outra banda, afirma sentirse só medianamente satisfeito coa información de consumo que recibe e un pouco menos aínda coa que lle proporcionan o comercio e as marcas dos productos.

  Hoxe, e no noso país, o consumidor amosa unha notable confianza ante os alimentos e ante o comercio que os distribúe, mentres que a que manifesta ante as marcas dos productos, aínda que aceptable, é algo menor. E a confianza que amosa ante bares e restaurantes é aínda menor, aínda que suficiente se exceptuámo-los establecementos de comida rápida. Por outra banda, afirma sentirse só medianamente satisfeito coa información de consumo que recibe e un pouco menos aínda coa que lle proporcionan o comercio e as marcas dos productos.

No tocante á economía, séntese pouco compensado polo gasto que realiza para proverse de productos e servicios. Estas conclusións, e outras como a moderada preocupación que suscita o inminente cambio ó euro, a desconfianza que xera Internet como medio de pagamento ou a escasa disposición de pagar por servicios que reduzan o tempo que se destina a efectua-la compra, son as principais achegas do Barómetro do consumo que confeccionou a Fundación Grupo Eroski, coa colaboración do Instituto de Empresa. Trátase dun estudio baseado en 5.000 enquisas telefónicas a cidadáns maiores de 14 anos de todo o país, que investiga nas opinións dos consumidores ante o feito do consumo e os elementos con el relacionados. Entre outros, os xa comentados e a percepción sobre quén defende mellor os seus dereitos e intereses e o creto que lle merecen as diversas fontes de información sobre consumo.

O obxectivo deste informe é lanzar un barómetro que dimensione as actitudes e percepcións do cidadán nos temas de consumo e se converta nun instrumento de medición para estudia-la evolución do consumidor ano tras ano. O máis determinante da metodoloxía era establecer indicadores que fosen capaces de medir e avalia-las percepcións do consumidor e de amosa-la variación ante cambios ou modificacións destas opinións co transcorrer do tempo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto