Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Cirurxía estética: Perigos e vantaxes do bisturí

Aínda que as técnicas son cada vez menos agresivas, a cirurxía estética entraña riscos que convén calibrar antes de entrar ó quirófano

  O culto ó corpo converteuse nun dos negocios máis rendibles dos últimos tempos. Só en España factura 100.000 millóns de pesetas, máis de 600 millóns de euros. Do mesmo xeito que se acode a un dentista para un amaño na boca, hoxe calquera persoa pode aumenta-lo peito, quita-las engurras, cambia-lo nariz, elimina-la flaccidez e a graxa, tensa-lo abdome, pegarse unhas orellas máis grandes ou conferirlles volume ós pómulos ou boca. Os prezos da maioría destas intervencións oscilan entre 150.000 (901 E) e un millón de pesetas (6.010 E). Os xeitos de pagamento deixaron de ser un problema hai tempo, xa que se poden aboar en prazos.

Nun inicio, a medicina plástica desempeñaba unha función reparadora fronte ás fatalidades da vida. Nos anos sesenta, os Estados Unidos abandeirou a revolución da medicina plástica atendendo a imperativos estéticos. E, aínda que o culto á xuventude eterna a golpe de talonario e operación cirúrxica non chegou a España ata a década dos oitenta, hoxe xa nos igualamos a Italia en número de intervencións e só os Estados Unidos e Brasil nos superan.

As novas técnicas da cirurxía estética, máis seguras e menos agresivas que antano, e as súas secuelas cada vez menos visibles, contribuíron a que se fose desterrando o medo que suscitaban as intervencións deste tipo. Pero, de tódolos xeitos, someterse a unha operación de cirurxía estética é un asunto moi serio. Ós riscos inherentes a calquera operación, é preciso suma-lo proceso de preparación e, ás veces, un postoperatorio inzado de problemas. Aínda así, o número destas intervencións non para de medrar. Segundo a Sociedade Española de Medicina e Cirurxía Estética, desde 1992 ata hoxe, o número destas operacións medrou nun 150%. E nese aumento os varóns tiveron moito que ver: opérase o dobre que hai dous anos, mentres que entre as mulleres ese crecemento foi menos espectacular, tan só un 14% máis que hai dous anos pasaron polo quirófano para mellora-lo seu físico.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto