Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Patés de pato: Os caros non son mellores

Analizáronse oito patés de pato, con prezos que difiren moito: entre 1.300 pesetas o quilo (Casa Tarradellas) e 4.400 pesetas o quilo (Goiburu).

Son productos ben distintos: Casa Tarradellas, Capdevilla e La Piara denomínanse Paté de fígado de pato, e Delicass, Eskuola, Martiko, Goiburu, e Jean Brunet din seren Paté de pato ou Paté de canard.

Un por un, oito patés de pato

DELICASS

  • Paté de canard-paté de pato.
  • En tarro de cristal de 100 gramos, sae a 2.500 pta. o quilo. A mellor relación calidade-prezo.
  • Con carne de pato (30%), fígado de ave, touciño e graxa de pato. Pouca graxa (25,7%). Pequena cantidade (92 ppm) dun conservante (ácido benzoico) que non figura na etiqueta; non supón incumprimento da norma xa que provén dun dos seus ingredientes e non dunha adición directa.
  • Cata: 7 puntos, un dos mellores. O mellor en aparencia e consistencia.

CASA TARRADELLAS

  • Paté de fígado de pato.
  • En tarro de cristal de 125 gramos, é o máis barato: sae a 1.320 pta. o quilo. Outra opción interesante.
  • Con fígado de pato (33%), fígado de polo e graxa de pato, e algo de xamón de porco. Pouca proteína (9,4%) e moita graxa (35,5%). Pequena cantidade (24 ppm) de nitratos, non declarada.
  • Cata: 7,1 puntos, un dos mellores. Valoracións favorables en recendo, consistencia e sabor.

MARTIKO

  • Paté de pato-paté de canard.
  • Tarro de cristal de 190 gramos, sae a 1.574 pta. o quilo.
  • Con fígado e graxa de pato. É un dos dous elaborados só con ave, sen porcino. Etiquetaxe incorrecta: non sinala a obrigatoria proporción de pato. O segundo con menos proteína (7,4%). É o de máis nitratos (97 ppm), aínda que dentro do permitido. O de menos graxa saturada (29,6%).
  • Na cata, só 5,6 puntos, debido ó seu cheiro, sabor e sabor residual.

LA PIARA

  • Paté de fígado de pato.
  • Tarro de cristal de 75 gramos, sae a 2.267 pta. o quilo.
  • Elaborado con touciño, fígado de pato (18%), graxa de pato e fígado de porco. O de menos proteína (6,2%) e humidade (45%), e o de máis graxa (45,6%). Con máis aditivos (emulxente, antioxidante, conservadores, estabilizador) cós demais. O único que indica adición de proteína vexetal.
  • Na cata, 6,8 puntos. Destacan positivamente a súa aparencia e olor.

ESKUOLA

  • Paté de canard.
  • Lata de 140 gramos. Sae a 2.650 pta. o quilo.
  • Con carne de pato (42%), fígado de ave, magro e graxa de porco. Sen conservantes. Un dos menos graxos (25,1%), e o de maior humidade (59,3%). Bo nivel proteico (12%).
  • Na cata, 6,1 puntos. Un dos peores en aparencia e consistencia.

JEAN BRUNET

  • Paté de pato.
  • Tarro de cristal de 180 gramos, sae a 1.825 pta. o quilo.
  • Con carne de porco (37%), fígado de ave (36%) e pato (22%). Pouco pato para tratarse dun paté de pato. O seu picado máis groso faino distinto. Bo nivel proteico (12%). Sen conservantes.
  • Na cata, 6,8 puntos. Ben en recendo e sabor, non agradaron a súa aparencia (escura) nin a súa consistencia.

GOIBURU

  • Paté de pato.
  • Tarro de cristal de 75 gramos, sae a 4.387 pta. o quilo, é o máis caro.
  • Con carne de pato (80%) e fígado de pato (15%), e sen porcino. Non declara aditivos, aínda que contén nitratos (só 11 ppm). O de máis proteína (16,8%), e menos graxa (22,2%). Pouca graxa saturada (30%).
  • Na cata, 6,2 puntos, debido ó seu escaso sabor e consistencia pastosa e fibrosa, con fíos.

CAPDEVILLA

  • Paté de fígado de pato.
  • Envasado en plástico, ó baleiro, 75 gramos. Sae a 1.840 pta. o quilo.
  • Con carne de porco, fígado de pato (25%), touciño de porco e fígado de porco. O segundo con máis proteína (13,2%). Emprega máis aditivos cá maioría. O de máis ácidos graxos saturados (42,7%). Estado microbiolóxico insatisfactorio, pero de non moita relevancia para a saúde do consumidor.
  • Na cata, 7 puntos. Aínda que a súa aparencia non gustou, o resto de parámetros foron ben valorados.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto