Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Declarada nula por razóns de saúde a cesión da azotea a unha antena de telefonía móbil

Unha comunidade de propietarios de Erandio (Biscaia) adoptou por maioría dos asistentes á Xunta e con dous votos disidentes a cesión de parte da azotea do edificio para instalar unha antena emisora de telefonía móbil. Un dos disidentes demandou á comunidade de propietarios e solicitou que se declarase nulo o acordo, ó entender que modificaba o título constitutivo de unanimidade e polo prexuízo das radiacións electromagnéticas na saúde da súa filla, afectada dun trastorno de déficit de atención con hiperactividade. O xuíz acolleu a pretensión do demandante e declarou nulo o acordo, pero non por entender necesaria a unanimidade para a súa válida adopción. Sen embargo, si que estimou que o propietario dunha vivenda non está obrigado a aturar no seu interior as consecuencias do acordo comunitario, é dicir, a penetración, probada, das ondas electromagnéticas no interior da súa casa. Segundo o Xulgado de 1ª Instancia de Bilbao, en sentencia do 9 de xuño do 2001, a intromisión permanente das radiacións de telefonía móbil nunha vivenda, emitidas por unha fonte exterior en elementos privativos, debe estar, en tanto que é unha servidume, amparada en causa legal ou ser consentida polo copropietario. Se se probase a súa absoluta inocuidade (cousa que non se fixo), como non ocupan espacio e non se perciben polos sentidos, podería concibirse precisamente abusivo nega-lo consentimento polo titular da vivenda servinte.

Sen embargo, si que estima que o propietario dunha vivenda non está obrigado a aturar no seu interior as consecuencias do acordo comunitario, é dicir, a penetración, probada, das ondas electromagnéticas no interior da súa casa. Expón o Xulgado de 1ª Instancia de Bilbao o 9 de xuño do 2001 que non hai razón para discriminar xuridicamente unha servidume comunitaria sobre elemento privativo de algo que poida verse e tocarse, por exemplo, un entubado, doutra que é tamén física, aínda que non a perciban os sentidos, como é o efecto térmico das radiacións. Pénsese, di o xuíz, por exemplo, na chamada contaminación acústica, ou na moi tradicional emanación de cheiros desagradables.

Para o xuíz, a intromisión permanente das radiacións de telefonía móbil nunha vivenda, emitidas por unha fonte exterior en elementos privativos, debe estar, en tanto que é unha servidume, amparada en causa legal, ou ser consentida polo copropietario. Se se probase cabalmente a súa absoluta inocuidade (cousa que non se fixo), como non ocupan espacio e non se perciben polos sentidos, podería concibirse precisamente abusivo nega-lo consentimento polo titular da vivenda servinte.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto