Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha paciente con apendicite aguda foi intervida baixo anestesia xeral no servicio de urxencias dun hospital do Insalud, pero trala operación quedou en coma e faleceu. Os seus familiares demandaron ó Insalud, ó entenderen que as lesións determinantes do falecemento as causou a anestesia porque os facultativos non ponderaron os antecedentes de drogadicción da paciente, que levaba dous meses en tratamento de desintoxicación da heroína. No xuízo achegouse un informe dun funcionario do Insalud, segundo o cal pode darse unha incompatibilidade entre esa adicción e a anestesia. Por iso, o anestesista estaba obrigado a realizar un estudio previo sobre tolerancia ou alerxia á anestesia, pero non o fixo. Ademais, di o Supremo que tampouco a actuación do resto dos facultativos foi correcta, xa que o diagnóstico -signos de afección peritoneal- non xustificaba unha intervención tan urxente nin que fixeran caso omiso da recomendación que constaba na folla de diagnóstico de "deixar en observación para nova valoración pasadas doce horas e repetir analítica". Polo tanto, o Supremo, en sentencia do 7 de xuño do 2001, condena ó Insalud a indemnizar ós familiares demandantes, ó considerar que as inadecuadas prestacións sanitarias determinan a súa responsabilidade, sen que o consentimento informado do paciente o obrigue a asumir riscos derivados dunha prestación médica inadecuada.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI