Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Seccións dentro desta canle: Bebé


Seccións dentro desta canle: Economía


Seccións dentro desta canle: Mascotas


Seccións dentro desta canle: Medio Natural


Seccións dentro desta canle: Solidariedade

Contidos de EROSKI

Pegada de Carbono

Participa e infórmache, calcula a túa pegada de CO2, comparte os teus trucos para reducir as túas emisións? Entramos en acción para manter o quecemento global por baixo dos 2ºC.

Ver campaña

Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Perdas e danos por incumprimento do prazo de entrega de material de construcción

Estamos construíndo unha vivenda unifamiliar e con este fin mercámoslle materiais a unha empresa que nos confirmou telefonicamente, ante un arquitecto que estaba connosco, a aceptación do pedido e as datas de entrega. Sen embargo, non cumpriron ese prazo e os encofradores tiveron que estar parados pola falta do material, polo que nos pasaron unha factura pola espera de 810.000 pesetas, cantidade que xa aboamos. Cando chegou a factura da empresa de forxados (695.971 pesetas), decidimos non aboala e explicarlle que por culpa do atraso xa pagaramos máis cartos do que valía o material. A empresa non acepta a súa responsabilidade e requiriunos a través dun avogado o pagamento ou iniciarán trámites xudiciais. Non podemos demostrar nada por escrito, e querería saber se paga a pena seguir adiante coa vía xudicial.

  Si paga a pena. Cómpre acudir a un avogado que expoña estes argumentos ante o letrado da empresa para intentar evita-lo preito. Se non pode ser, pódese optar pola vía xudicial. O incumprimento dos prazos de entrega ocasionou perdas e danos imputables á empresa, o que lexitima a reclamación de cando menos a factura dos encofradores. Pódese evitar un preito compensando ámbalas débedas (asumindo unha perda de algo máis de cen mil pesetas, que é a diferencia entre ámbalas facturas). É dicir, a concepción teórica do acordo consiste en ofrece-lo pagamento da factura e, á vez, esixi-la indemnización de perdas e danos, renunciando as víctimas do retardo, se o consideran procedente e para evitar preitos, á diferencia que resultaría ó seu favor.

No tocante ás cuestións de proba, estas son esenciais para a viabilidade do preito e, aínda que a mellor proba sobre o prazo de entrega pactado sería un documento escrito e asinado, non é este o único medio de proba admisible. Tamén son medios de proba o interrogatorio das partes (dos demandados e demandantes) e o interrogatorio das testemuñas (arquitecto e encofradores). Segundo o artigo 1.100 do Código Civil, existe mora cando a obriga ou a lei así o declaren expresamente ou cando da súa natureza e circunstancias resulte que a designación da época na que se debía entrega-la cousa foi motivo determinante para establece-la obriga. O artigo 1.101 do devandito Código tamén establece a obriga de indemniza-las perdas e danos causados por dolo, neglixencia ou morosidade e os derivados de contravir de calquera modo as obrigas pactadas.

Para evitar estas situacións débese inserir unha cláusula nos contratos sobre prazos de entrega ou, é máis, pactar por escrito unha indemnización por retardo.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto