Saltar o menú de navegación e ir ao contido
De nada serve quenta-la casa se non dispomos de sistemas que manteñan a temperatura, como dobre cristal, burletes nas ventás...
A calefacción representa o 64% do consumo enerxético total dunha casa; un gasto excesivo que se pode rebaixar simplemente realizando un uso correcto dos sistemas de calefacción. No noso país, máis dun millón de vivendas dispón de calefacción colectiva e máis de tres millóns contan cun sistema individual. Estes últimos permiten diminuí-lo gasto e acceder a tarifas máis reducidas.
A etiqueta enerxética ofrece información sobre a eficiencia enerxética dos electrodomésticos. Algunhas veces é preferible valora-lo consumo que un aparello eléctrico realizará durante a súa vida útil, xa que un electrodoméstico algo máis caro pero que gaste menos enerxía pode compensar a longo prazo, especialmente no caso de aparellos coma conxeladores ou secadores eléctricas, que se adquiren só cada certo tempo e duran moito.
Hai sete clases de etiquetas, que se tipifican, en función dos consumos eléctricos, en diferentes cores e con letras do abecedario:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI