Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Neneiras virtuais: Programas para controlar o acceso a internet a menores

O medo ó que os fillos poidan atopar en Internet leva a moitos pais a instalaren unha aplicación que limite o número e tipo de páxinas que poidan ser visitadas desde o ordenador doméstico.

Moitos pais descobren entre a fascinación e o horror que os seus fillos navegan por Internet con máis soltura da que eles terán nunca. Saberse mover pola Rede é a chave que lles permitirá ós máis cativos acceder á maior ferramenta para transmitir coñecemento que creou o ser humano. Pero tamén lles abrirá as portas de algo máis tenebroso: violencia, racismo, xenofobia de toda clase... E tamén de elementos que, aínda que non sexan intrinsecamente malos, non son axeitados para a súa idade.

Pero, nun mundo como Internet onde non existen fronteiras de espacio nin de tempo, ¿como poden os pais controlar qué páxinas visitan os seus fillos? Hai aplicacións que aseguran seren capaces de discernir entre as páxinas axeitadas para os nenos e as que non o son. É o que se coñece como ciberneneiras.

Problemas co contexto

Por moito que presuman de megahercios e gigabytes, os ordenadores son aínda incapaces de comprender unha frase ou, máis aínda, de ver qué amosa unha fotografía. É certo que son capaces de facer complexos cálculos a velocidades do demo, pero algo tan intrinsecamente humano como é "entender" escapa á súa lóxica. Por iso, teñen que recorrer a amaños tecnolóxicos para paliaren este déficit. A maioría das veces limítanse a percorreren cada páxina para comprobaren se contén algunha das palabras do índice que previamente os pais delimitaron.

Sería extremadamente difícil para un programa desta natureza restrinxi-lo acceso a unha páxina que só amosa fotografías de actos violentos. Sen embargo, en demasiadas ocasións impedirá o acceso a páxinas que inclúan as palabras lesbiana ou sexo, aínda que estes documentos se limiten a enunciaren os dereitos dos homosexuais, no primeiro caso, e as medidas para evitar un embarazo non desexado no segundo. Esta capacidade intrínseca de comprende-lo contexto lastra a estes programas e convérteos, no mellor dos casos, nunha tutela que os pais queren exercer sobre o menor, nunca nun substituto.

Non só a web

Así e todo, estes programas avanzaron moito desde que se crearon hai máis dun lustro. Hoxe en día é habitual que non se circunscriban a censuraren con maior ou menor acerto a navegación, senón que tamén controlen as mensaxes de correo electrónico, os foros de discusión e os chats. Deste xeito evítase que os cativos se poñan en perigo dándolles a descoñecidos os seus datos persoais.

En calquera caso, o proxenitor deberá decidir entre a censura negativa ou a positiva. No primeiro caso, o neno poderá percorrer toda a inmensidade da web e o programa tratará de discernir se cada páxina é ou non axeitada. No segundo, só poderá visitar unha serie concreta de páxinas previamente aprobadas por un grupo de expertos. O segundo caso é moito máis seguro, xa que non hai ningunha posibilidade de que acceda a unha web non apropiada, pero limitará as posibilidades de exploración do menor e eliminará a característica máis salientable de Internet: a súa diversidade de contidos.

A última opción

Cómpre non esquecer que os pais contan sempre cunha última vía: saber por ónde andan osmando os seus fillos. A maioría dos programas navegadores (non só os específicos para o control de contidos) gardan un arquivo histórico cos sitios web visitados. Desta maneira, os ordenadores aproveitan mellor as normalmente raquíticas conexións á Rede e poden acceder con máis dilixencia a esas mesmas páxinas cando o internauta repita a visita. Desde aí pódese saber se os menores fan de Internet o uso para o que foi instalado no fogar. É ben certo que, cun mínimo de pericia, calquera neno aprenderá a borrar este rexistro, pero a mesma existencia dun rexistro baleiro sinalará de maneira inequívoca un intento de ocultación de probas.

En definitiva, por moitas marabillas técnicas que publiciten estas aplicacións, o control paterno efectivo de qué ven os fillos seguirá sendo fundamental durante moito tempo. E é que, como dicía o sitio web de noticias Baquía: "A tecnoloxía non é nin o problema, nin a solución".

Para elixirmos ben

A Asociación de Usuarios de Internet ofreceu cinco puntos sobre os que os usuarios deben reflexionar antes de adquiriren un programa que restrinxa as páxinas que poden visita-los seus fillos.

  • ¿Cal é o criterio (sexo, violencia...) que se toma en consideración para vetar un sitio web?¿O programa ata que punto permite afina-las restriccións?¿Estas restriccións seguen os estándares do mercado?
  • ¿Que sistema se emprega para filtra-los contidos?¿Válese de listas predefinidas de termos que o usuario pode personalizar?¿Inclúe direccións vetadas de antemán?
  • Se prohibe o acceso a certas páxinas, ¿dáse a opción de actualizar esa lista por Internet?¿Ten algún custo?
  • ¿É doado de configurar e usar?¿É un programa axeitado para pais que non teñen moitos coñecementos de informática?
  • ¿É seguro abondo para conte-los nenos con coñecementos avanzados de informática?¿Impide o uso doutros programas de navegación que non respecten as restriccións impostas?

Navegar á carta

  • Asociación de Usuarios de Internet Completa listaxe dos programas que limitan o acceso a certas páxinas de contido pornográfico, xenófobo ou violento. Inclúe unha breve valoración destas aplicacións, e faise mención especial das que están traducidas ó castelán.
  • SuperKids Publicación que se dedica a comparar programas educativos. Entre os seus estudios inclúese a análise de seis aplicacións para protexe-los nenos dos perigos de Internet. Ofrece un xeito áxil de comparar entre aplicacións.
  • Family Guide Book "Porque hai unha selva aí fóra" reza o subtítulo desta interesante web que, ó longo das súas páxinas, equipara os riscos dunha xungla tropical e os inherentes a Internet. Utiliza un estilo directo e comprensible para explica-las diferentes tipoloxías de riscos ós que se enfronta un neno na Rede.
  • Cyberpatrol É un dos programas de control de contidos máis recoñecido. Permite crear múltiples perfís para que cada neno en función da súa idade teña acceso a diferentes tipos de páxinas. Entre outras funcións, impídelles ós menores ofrecer información persoal comprometida en chats.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto