Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Estudiados 12 ríos ó seu paso por outras tantas cidades: Máis da metade dos ríos urbanos suspenden no ecolóxico, o educativo e o recreativo

Máis da metade dos ríos urbanos suspenden no ecolóxico, o educativo e o recreativo.

Un por un, os 12 ríos urbanos e valoración global

  1. Río Arlanzón (Burgos). Cualificación global: Moi ben
    • O mellor
      • Conservación das marxes coa vexetación autóctona asociada á ribeira no tramo anterior e interior da cidade.
      • Pódese contemplar fauna e flora de grande interese.
      • Magnífica zona de esparexemento e lecer, ben equipada e mellor conservada.
      • Esforzo do Concello de Burgos en actividades de educación ambiental.
    • O peor
      • Construcción de zonas de escollos en diversos tramos do río, que impide o asentamento da vexetación natural que protexe as marxes contra a erosión.
      • Desecamento de meandros.
      • O tramo final do río no seu percorrido urbano está bastante desvirtuado.
  2. Río Zadorra (Vitoria). Cualificación global: Moi ben
    • O mellor
      • Estado natural no que se atopa o río.
      • Presencia elevada de vexetación acuática e ripícola.
      • Vida piscícola.
    • O peor
      • Hortas ilegais nas marxes das ribeiras.
      • Perda de dous meandros.
  3. Río Ebro (Logroño). Cualificación global: Moi ben
    • O mellor
      • Bo estado da vexetación de ribeira en case todo o percorrido urbano do río.
      • Posibilidade de observar avifauna de grande interese.
      • Paso peonil á beira do río.
    • O peor
      • Repoboamento da illa con vexetación non autóctona.
      • Alteración da vexetación na marxe esquerda do río.
      • Ausencia de paneis explicativos e informativos sobre o río.
  4. Río Manzanares (Madrid). Cualificación global: Aceptable
    • O mellor
      • Vida piscícola.
      • Presencia de avifauna.
      • Carteis de información in situ sobre especies e ambientes.
      • Encoros para conserva-lo caudal: sen eles o río estaría seco na súa maior parte.
    • O peor
      • Canalización total do río ó seu paso por Madrid.
      • Número elevado de encoros (9) en tan só 12 km. de río. Son precisos para conserva-lo caudal pero resultan excesivos desde o punto de vista ecolóxico.
  5. Río Arga (Pamplona). Cualificación global: Regular
    • O mellor
      • A conservación da marxe esquerda con vexetación natural.
      • As zonas verdes de xardíns ó longo do río.
      • Difícil acceso dos camiñantes á beira do río.
    • O peor
      • A corta de árbores nalgunhas zonas para levar a cabo novas plantacións.
      • As obras de acondicionamento para o paseo peonil e o axardinamento da marxe dereita do río supuxeron a perda do carácter natural do río.
  6. Río Guadalquivir (Sevilla). Cualificación global: Mal
    • O mellor
      • Aproveitamento deportivo do río.
    • O peor
      • Perda do estado natural do río debido á canalización.
  7. Ría de Bilbao Cualificación global: mal
    • O mellor
      • Vida piscícola augas arriba (punto no que se tomou a primeira mostra).
      • Instalacións deportivas, como pistas de baloncesto, hóckey...
    • O peor
      • Canalización total da ría.
      • Lixo en zonas próximas á ría.
  8. Río Segura (Murcia) Cualificación global: mal
    • O mellor
      • Boa presencia en xeral.
      • Zonas axardinadas e paseos.
      • Presencia de avifauna (polas de auga con cría).
    • O peor
      • Canalización.
      • Inexistencia de vida piscícola.
  9. Río Urumea (San Sebastián). Cualificación global: Mal-Moi Mal
    • O mellor
      • Vida piscícola.
      • Gran limpeza nos paseos.
    • O peor
      • Canalización total da ría ó seu paso pola cidade.
  10. Río Besós (Barcelona) Cualificación global: Moi Mal
    • O mellor
      • Creación dun parque fluvial en Santa Coloma de Gramenet para rexenera-la zona.
      • Canalización da parte baixa do río para evitar inundacións.
      • Presencia de vexetación riparia.
    • O peor
      • Perda do estado natural do río debido á canalización.
      • Existencia de torres eléctricas ó longo de todo o río.
  11. Río Turia (Valencia) Cualificación global: Moi Mal
    • O mellor
      • Reducción do perigo de inundacións gracias á canalización do río.
      • Novas zonas verdes e parques deportivos no antigo leito.
    • O peor
      • Perda do río ó seu paso por Valencia, así como da fauna e da flora.
  12. Río Guadalmedina (Málaga) Cualificación global: Moi Mal
    • O peor
      • Río seco.
      • Mala xestión do río ó seu paso pola cidade.
      • Amoreamento de lixo.
      • Mal estado en xeral.

TÁBOA COMPARATIVA

Valoración Global
Tratamento á calidade da auga Estado de conservación das ribeiras Usos recreativos do río e a ribeira Usos educativos do río e a ribeira Valoración Global
Zadorra (Vitoria) Excelente Excelente Excelente Mal Moi Ben
Arlanzón (Burgos) Excelente Ben Excelente Excelente Moi Ben
Ebro (Logroño) Excelente Moi Ben Excelente Mal Moi Ben
Manzanares (Madrid) Excelente Moi mal Excelente Ben Aceptable
Arga (Pamplona) Mal Ben Moi Ben Moi mal Regular
Guadalquivir (Sevilla) Moi Ben Moi mal Mal Aceptable Mal
Ría de Bilbao (Bilbao) Aceptable Moi mal Ben Ben Mal
Segura (Murcia) Ben Mal Mal Moi mal Mal
Urumea (S.Sebastián) Regular Moi mal Moi mal Mal Mal-Moi mal
Besós (Barcelona) Mal Mal Aceptable Moi mal Moi mal
Turia (Valencia) Aceptable Moi mal Moi mal Moi mal Moi mal
Guadal- medina (Málaga) Aceptable Moi mal Moi mal Moi mal Moi mal
Total Ben Mal Aceptable Mal ------

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto