Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Estudiados 12 ríos ó seu paso por outras tantas cidades: Máis da metade dos ríos urbanos suspenden no ecolóxico, o educativo e o recreativo

Máis da metade dos ríos urbanos suspenden no ecolóxico, o educativo e o recreativo.

Só tres (Zadorra, en Vitoria; Arlanzón, en Burgos; e o Ebro por Logroño) superan con holgura o exame, mentres que un (o Manzanares) aproba apuradamente e o resto (Gualdamedina, en Málaga; a nova canle do Turia, en Valencia; Besós, en Barcelona; Urumea; en San Sebastián; Arga, en Pamplona; Guadalquivir, en Sevilla e ríaa de Bilbao) suspenden.

 Os ríos, ó longo da historia da humanidade, empregáronse como fonte de auga potable e alimento, como auga de rega, como sistema de producción de enerxía, como medio de transporte, como opción de lecer e turismo, e tamén como destinatario da vertedura de refugallos domésticos, agrícolas e industriais.

Ese uso, tan intenso coma a miúdo incorrecto, traduciuse en que a riqueza biolóxica dos ríos se viu fondamente alterada. As tres principais ameazas que penduran hoxe sobre os nosos ríos son a contaminación, a regulación fluvial e a perda de hábitats naturais. As alteracións máis comúns das canles que sofren os ríos son a construcción de presas e encoros, os transvases de auga, a explotación agrícola, os dragados, a vertedura de residuos e a urbanización preto das ribeiras. Todas estas incidencias afectan tanto ás especies vexetais e animais coma á calidade das augas. O sistema ecolóxico que forma un río é sinxelo e delicado, polo que calquera variación no seu curso afectará o seu equilibrio natural. As canalizacións para previr inundacións e favorece-la navegación modificaron a profundidade e o curso dos ríos, converténdoos en canles de drenaxe que provocan a perda da vexetación da ribeira, o que dá lugar ó quentamento das augas por falta de sombras, prexudicando as áreas de alimentación e reproducción dos peixes. E a vertedura de residuos urbanos e industriais provocou unha perda da calidade da auga fluvial e do hábitat acuático.

Para frea-la deterioración e a perda dos nosos ríos, argúen os especialistas, cómpre protexelos, utilizalos racionalmente e restablece-los recursos naturais perdidos, xa que os ríos e as súas chairas de inundación ofrecen un mellor control das inundacións, constitúen recursos naturais productivos, regulan a cantidade e calidade das augas e sustentan unha gran diversidade de especies naturais. CONSUMER estudiou 12 ríos ó seu paso por outras tantas cidades. Son o Zadorra (Vitoria), Urumea (San Sebastián), Ibaizabal ou Nervión (a Ría de Bilbao), Arga (Pamplona), Ebro (Logroño), Arlanzón (Burgos), Manzanares (Madrid), Besós (Barcelona), Guadalmedina (Málaga), Guadalquivir (Sevilla), Segura (Murcia) e Turia (Valencia). Nestes doce ríos analizáronse catro apartados: tratamento á calidade de auga, estado de conservación das ribeiras e usos recreativos e educativos (no ambiental) do río e da ribeira, e estudiáronse en total 29 variables.

Ríos maltratados

As conclusións son pouco alentadoras e demostran que queda aínda moito por facer para que os ríos nos seus tramos urbanos sexan respectados como ecosistemas vulnerables que son, e para que se explote de maneira axeitada e abonda a súa potencialidade educativa e recreativa. Só tres (Zadorra, en Vitoria; Arlanzón, en Burgos; e o Ebro, por Logroño) superan folgadamente o exame, mentres que un (o Manzanares) aproba xustiño e o resto suspenden. Catro ríos, ademais, suspenden clamorosamente. Son, de peor a mellor: Guadalmedina, en Málaga; Turia, en Valencia; Besós, en Barcelona; e Urumea, en San Sebastián. En terra de ninguén, Arga (Pamplona), Guadalquivir (Sevilla) e a ría de Bilbao tampouco aproban pero, cando menos, obteñen entre 4 e 4,5 puntos na cualificación global. E só un, o Arlanzón, aproba os catro apartados. O único bloque con cualificacións aceptables é a calidade da auga, con só tres ríos suspendidos se ben noutros dous (Turia e Guadalmedina) non procedía a comparación xa que o seu leito non contiña auga. O aspecto máis crítico é, precisamente, o máis importante dos catro: o estado de conservación das ribeiras, no que oito ríos non alcanzan o aprobado e a media dos doce é tamén un suspenso. Outro tanto acontece co uso educativo do río como recurso pedagóxico e didáctico. No tocante ós usos recreativos mediante instalacións e equipamentos destinados ó lecer dos cidadáns, a situación é mellor (media aceptable), pero cinco ríos suspenden, aínda que cómpre engadir que noutros tantos a valoración é moi positiva.

Calidade da auga do río, o máis coidado

Este bloque ten en conta as mencións especiais sobre as augas residuais no POU (Plan de Ordenación Urbanística), as políticas municipais para mellora-la calidade das augas vertidas ó río, os programas de seguimento da calidade da auga do río ó seu paso pola cidade, e a funcionalidade dos sistemas de depuración de augas. Recolléronse tamén mostras de auga para analiza-los cambios que a auga do río sofre tralo seu paso pola cidade no relativo a dous parámetros químicos, DBO (demanda biolóxica de osíxeno) e DQO (demanda química de osíxeno), que indican a contaminación orgánica da auga. Os mellores ríos no tratamento que recibe a auga fluvial foron o Zadorra (Vitoria), Arlanzón (Burgos) e Ebro (Logroño). E os peores, Arga (Pamplona) e Besós (Barcelona), únicos con suspenso. Turia (Valencia) e Guadalmedina (Málaga), ó non teren auga, non foron avaliados neste apartado que, por certo, é o que mellores resultados deparou, cunha media de "ben" nos dez ríos analizados. O máis mellorable é a mención das verteduras de augas no Plan de Ordenación Urbana (POU) e os sistemas de depuración de augas. As análises da auga recollida á entrada e saída do río ofreceron resultados aceptables, con soamente dous suspensos: a ría de Bilbao e o Besós de Barcelona. E avaliouse positivamente (con excepcións), o esforzo para mellora-la calidade das augas vertidas ós ríos.

Cómo se fixo o estudio

Un equipo de biólogos especialistas en temas ambientais e xestión do medio natural visitou as 12 cidades e analizou o tratamento que as nosas urbes lles proporcionan ós ríos que discorren por elas. Pretendíase avalia-lo comportamento do conxunto da cidade con este ecosistema que a atravesa. Indagouse sobre ata qué punto as institucións municipais e doutras titularidades, e os propios cidadáns, coidan dun ambiente tan delicado coma o dun curso fluvial. Remitíuselles ós concellos un cuestionario sobre información do río e a súa ribeira, que non era posible conseguir por outros medios. De seguido, efectuouse unha visita de campo na que o equipo de biólogos percorreu o tramo do río que discorre por cada cidade, cubrindo un segundo cuestionario. Con tódolos datos recompilados, elaborouse o informe de cada río e, para chegar á cualificación final de cada un aplicouse este sistema de ponderación: o tratamento á calidade de auga representa un 20% da nota final; o estado de conservación das ribeiras, o que máis, un 50%, os usos recreativos e de lecer do río valen un 10% e, para rematar, a utilización do río para educar sobre temas ambientais, un 20%. Nos ríos das cidades nas que o concello e outras autoridades competentes non facilitaron datos (malia á reiterada insistencia dos técnicos desta revista, e do amplo prazo concedido para o envío da información), a non dispoñibilidade deste material interpretouse como inexistencia de iniciativas no ámbito do que se tratase. Por exemplo, seis concellos non facilitaron información sobre programas de educación ambiental nos ríos. Pois ben, para esta valoración considerouse que estas cidades non desenvolven programas educativos nese río.

TÁBOA COMPARATIVA

TRATAMENTO Á CALIDADE DA AUGA
RIOS Mención de verteduras de augas no POU Políticas para favorece-la mellora da calidade das augas vertidas Programas de seguimento calidade ecolóxica na cidade Sistemas xerais de depuración
Zadorra (Vitoria) Ben Ben Ben Moi Ben
Ebro (Logroño) Ben Ben Ben Moi Ben
Arlanzón (Burgos) Ben Ben Ben Ben
Manzanares (Madrid) Mal Ben Ben Excelente
Guadalquivir (Sevilla) Ben Regular Ben Excelente
Segura (Murcia) ND Ben ND Moi Ben
Ría de Bilbao (Bilbao) Ben Ben Regular Moi Ben
Urumea (S.Sebastián) Mal Ben Regular Mal
Arga (Pamplona) ND ND ND ND
Besós (Barcelona) ND ND ND ND
El nuevo cauce del Turia (Valencia) NP NP NP NP
Guadal- medina (Málaga) NP NP NP NP
Nota global Aceptable Moi Ben Ben Aceptable
TRATAMENTO Á CALIDADE DA AUGA
RIOS Anáisis químico Efectividade na depuración Nota
DQO DBO
Zadorra (Vitoria) Ben Ben Excelente Excelente
Ebro (Logroño) Ben Ben Excelente Excelente
Arlanzón (Burgos) Ben Ben Excelente Excelente
Manzanares (Madrid) Ben Ben Excelente Excelente
Guadalquivir (Sevilla) Ben Ben ND Moi Ben
Segura (Murcia) Ben Ben Ben Ben
Ría de Bilbao (Bilbao) Ben Mal ND Aceptable
Urumea (S.Sebastián) Ben Ben Mal Regular
Arga (Pamplona) Regular Ben Excelente Mal
Besós (Barcelona) Ben Mal Excelente Mal
El nuevo cauce del Turia (Valencia) NP NP NP Aceptable*
Guadal- medina (Málaga) NP NP NP Aceptable*
Nota global Excelente Excelente Ben Ben

ND: Información non dispoñible

NP: Non procede

* Non se analizou o tratamento á calidade da auga xa que o río está seco a maior parte do ano. Concédeselles unha cualificación de aceptable, co obxecto de non desvirtua-la cualificación global final (a que une os outros tres grandes apartados con este do "Tratamento á calidade da auga" ) do estudio.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto