Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Entrou en vigor unha nova lexislación: Antenas de telefonía móbil, ¿prexudican ou non a saúde?

Da lectura do Real Decreto conclúese que, ante a ausencia de certezas científicas, prevalece o principio de prudencia

  Arredor de 22.000 antenas de recepción e emisión de telefonía móbil adornan a paisaxe española, pero non son abondas. No seu empeño por instalar máis antenas para que a cobertura dos móbiles chegue a calquera recuncho e deste xeito aumenta-lo uso desta tecnoloxía, as operadoras Telefónica, Airtel-Vodafone e Amena deben facerlle fronte á crecente oposición dunha opinión pública preocupada polos posibles efectos perniciosos das radiacións electromagnéticas que producen estas antenas (e, en menor medida, os propios teléfonos móbiles) na saúde das persoas e vense obrigadas tamén a respectaren unha novísima norma legal, o Real Decreto do pasado 28 de setembro, que nace coa intención de regular e controla-los niveis de exposición ás emisións radioeléctricas dos sistemas de telefonía móbil. Algunha das acusacións que se verten sobre as radiacións emitidas por estas antenas é que, aínda que non son ionizantes (non alcanzan a temperatura precisa para alteraren moléculas de células vivas), xeran unha calor que podería prexudica-la nosa saúde. Achácaselles tamén que poden altera-los nosos ritmos biolóxicos (como o do sono-vixilia) e que o organismo humano pode deixar de producir melatonina (hormona e anticanceríxeno á vez), debido a que, como se xera de noite, estas radiacións poden inhibi-la súa formación.

A nova norma legal limita os niveis de exposición do público a estas radiacións e esíxelles ós operadores que certifiquen a súa adecuación á norma, é dicir, os graos de exposición nas áreas inmediatas ás estacións base de nova planta. Para as estacións xa en servicio establécese un prazo de adaptación de nove meses. Se non se presenta a certificación correspondente nese prazo, a instalación queda desautorizada para o seu funcionamento. Deste xeito, o Goberno pretende darlle resposta á preocupación sobre os posibles efectos das radiacións non ionizantes das emisoras de telefonía móbil sobre a saúde humana e establece-las medidas de seguridade que cómpre adoptar a este respecto. Para iso, acóllese ós criterios da Recomendación 1999/519/CE do Consello, do 12 de xullo, relativa á exposición do público en xeral a campos electromagnéticos, posicionándose na mesma liña cá maioría de estados europeos..

Antenas para móbiles: non no meu tellado

Son moitos os cidadáns que, preocupados polo suposto perigo das emisións das antenas de telefonía móbil para a saúde das persoas, esixen que non se instale este tipo de antenas no seu contorno. Estamos, unha vez máis, ante o dilema saúde e respecto ó medio natural fronte a progreso tecnolóxico e comodidades. Lembremos que en España funcionan hoxe en día nada menos que 24 millóns de teléfonos móbiles. E que segundo CAVE (Confederación de Asociacións de Veciños e Usuarios) o 95% das antenas de telefonía móbil instaladas no noso país están mal emprazadas e o 15% das 6.000 antenas de Madrid están situadas sobre centros sanitarios, colexios privados e xeriátricos. O labor dos lexisladores que redactaron esta lei e dos xuíces que dictaron sentencias sobre este polémico tema (preferentemente dándolle-la razón ós veciños que se negan á instalación) dista de ser sinxela: as investigacións científicas que se realizaron en diversos países non puideron concluír se estas emisións son inocuas ou nocivas para a saúde. Da lectura detida deste Real Decreto e das numerosas sentencias consultadas por CONSUMER (poden verse en revista.consumer.es), percíbese que ante a ausencia de certezas científicas, o principio de prudencia é o que prevalece. Convén, por outra banda, que os operadores compartan estas antenas e reduzan así o número de instalacións. Pero esta posibilidade, que parece chea de sentido común, non prendeu en España, onde as antenas non se comparten porque as diversas empresas non chegaron a un acordo a este respecto. E, inevitablemente, a loita polo mercado conduce a que onde estea instalado un dos provedores, xurdan os outros dous, triplicándose así o número de mastros ou torres de soporte das antenas de transmisión.

Quén di se se poden ou non instala-las antenas

A instalación de emisoras de telefonía móbil nas vivendas (tecnicamente, "infraestructuras comúns de edificios sometidos ó réxime de propiedade horizontal"), a inxerencia en domicilios particulares de emisións electromagnéticas dos sistemas de telefonía móbil e os seus efectos sobre a saúde, tamén foron tratados (aínda que escasamente, dado o carácter recente da problemática) polos nosos Tribunais de Xustiza. O réxime de adopción dos acordos na Xunta de propietarios das comunidades de veciños de cara á instalación de estacións base e antenas nas cubertas dos edificios, e a carencia de probas sobre a inocuidade das inmisións electromagnéticas foron os puntos centrais analizados polos tribunais para declara-la nulidade dos acordos maioritarios de comunidades de propietarios autorizando a instalación nos seus elementos comúns de estacións base de telefonía móbil. Agora ben, os xuíces non afirman tallante e unanimemente que ante a ausencia de probas sobre a inocuidade, por precaución e para protexe-la saúde, non sexa lícito instalar estacións base de telefonía móbil e antenas en cubertas ou tellados dos edificios das nosas cidades, senón que recorren ó réxime legal e xurisprudencial das servidumes e da adopción de acordos nas comunidades de veciños. Neste sentido, a xurisprudencia vén sinalando que ningún veciño está obrigado na súa vivenda (elemento privativo) a intromisións procedentes de elementos comúns (ou privativos doutro copropietario), tanto de ondas electromagnéticas coma de filtracións de auga, ruídos ou mal cheiro. E, por outra banda, as sentencias indican maioritariamente que para chegar a un acordo válido sobre a instalación destes sistemas de telefonía nun elemento común dun edificio é preciso o voto unánime e favorable de tódolos copropietarios.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto