Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Reproductores de DVD

En imaxe e son, todos ben. Número de saídas, formatos lexibles, posibilidade de facer zoom e outras prestacións son o que marca a diferencia.

  Analzáronse oito reproductores de DVD que custan entre 46.900 pesetas (LG DVD 4710) e 119.899 pesetas (Sony DVP S725 DW2), que len discos DVD (Digital Versatile Disc), semellantes ós CDs convencionais, pero capaces de almacenaren audio e vídeo con calidade dixital. O acceso a calquera escena da película é instantáneo (como tamén escoller unha canción nun CD), polo que cos DVD o rebobinado pasa á historia. Outra vantaxe é que a película almacenada neste formato pode estar dobrada ata en 8 idiomas e subtitulada noutros 32, unha prestación moi interesante para quen estudia idiomas ou simplemente para a quen lle gusta ve-las películas na súa versión orixinal. Pero non todo son vantaxes: os DVD non poden gravar, de aí que non substitúen en tódalas súas funcións ó vídeo.

A mellor relación calidade-prezo é Philips DVD-722 (59.899 pesetas). Outra elección atinada é Pioneer DV-340, que custa 54.900 pesetas e é moi bo tamén na súa cualificación global. O máis caro, Sony, é o mellor, xa que ofrece prestacións case profesionais pero, de tódolos xeitos, non tan superiores a outros DVD que custan a metade.

O importante é que a calidade de imaxe, a parada de imaxe fixa e a reproducción a velocidades rápidas -prestacións fundamentais nestes equipos- resultaron satisfactorias nestes oito lectores de DVD. Agora ben, en parada de imaxes en movemento a cualificación global foi inferior, especialmente en Pioneer, LG, Grundig e Sanyo, cunha imaxe algo distorsionada. En cámara lenta e imaxe paso a paso, as prestacións foron inferiores ó resto en Pioneer e Panasonic, debido a unha leve distorsión na definición da imaxe. Acontece o mesmo na opción de zoom en Samsung e LG.

A calidade de son é, en xeral, moi boa. Todos ofrecen información do número de cancións e tempos do CD que se está escoitando.

As conexións, punto clave

Canto maior sexa o número de conexións de saída do DVD, máis opcións terá o usuario para conectalo a outros dispositivos coma o televisor, a cadea de son ou o descodificador Dolby Surround. En todos se inclúe unha saída de vídeo tipo euroconector que conecta o DVD á maioría de televisores con boa calidade de imaxe. Os oito dispoñen tamén dunha saída de audio para conectalos a un amplificador. Samsung e Sony incorporan saída para audio 5.1, que divide o son en seis canles, aumentando a súa capacidade envolvente. Philips e Panasonic inclúen saída independente para subwoofer ou altofalante de baixas frecuencias. O de Sony é o único con opción de vídeo por compoñentes, ideal se dispomos dun proxector. Pola súa banda, Samsung, Sony e Sanyo teñen toma para auriculares.

A maioría inclúe dous cables de interconexión, se ben Panasonic e Sanyo ofrecen só un e Grundig ningún. Resumindo, en conectividade Sony é o máis completo, mentres que Grundig e LG son os máis limitados.

Distintos formatos

Á hora de elixirmos un DVD, considera-lo tipo de discos que poida ler é fundamental. Os oito len DVDs e CDs de audio orixinais, pero só Philips e Grundig reproducen CDs con cancións en MP3, formato que comprime a música e permite almacenar doce horas nun CD convencional. Sony e LG non len nin sequera CDs gravados. No menú interactivo dos oito reproductores figura a opción de niveis de ecualización de son, pero tan só en Pioneer e Sony se engade a ecualización de vídeo, con opcións de brillo e contraste de imaxe. Cando a película en DVD o permite, os reproductores analizados permiten escoller ángulos de visión ou evitar escenas non aptas para menores.

Cinco incorporan zoom dixital: Philips ten tres aumentos, Samsung e LG dous, mentres que Grundig e Sanyo ofrecen soamente un. Todos contan no seu frontal con teclas de función de reproducción, parada e pausa. Pero só Samsung, Sony e Panasonic teñen teclas de función de cámara lenta ou rápida cara a diante e cara a atrás. O modelo con maior número de velocidades foi Panasonic, con 10 velocidades lentas, 10 rápidas e unha graduada.

O mando a distancia, ben

Os oito inclúen mando a distancia por infravermellos, pero só os de Samsung e Sony serven tamén para a televisión. En ergonomía, destacan Philips, Pioneer, LG e Panasonic, aínda que o portapilas de Sony é o máis idóneo. O único mando mal valorado é o de Grundig: resulta algo incómodo de usar, non realiza a función de cámara lenta cara a atrás nin permite a expulsión do disco. O de Sony é o de maior número de teclas de función, e o único no que as funcións principais son visibles ás escuras. O equipo máis grande é o Philips (43,5 x 9 x 30 cm), e o máis miúdo, Grundig (36 x 7 x 24,5 cm). O máis lixeiro é Grundig (2,2 quilos), e o máis pesado Sony (4 quilos).

En aspecto exterior, os mellor valorados foron Samsung e Sony, pola súa ruleta frontal multifunción, maior número de saídas, toma de auriculares, tope na súa parte posterior para non tapa-la súa ventilación (Samsung), e conectores de saída dourados (Sony). Grundig foi o peor valorado: ten menos conectores de saída, pero foi un dos mellores en mantemento e limpeza. En xeral, son doados de usar e teñen as funcións traducidas ó castelán. Sanyo é o único que non traduciu a lenda dalgunhas iconas.

A maioría detectan os pequenos golpes e movementos e distorsionan levemente a imaxe e son, e Philips e Sony manifestáronse coma os máis sólidos e robustos. Os consumos son, en tódolos casos, moderados e inferiores ós doutros electrodomésticos semellantes.

A información, mellorable

De novo a información proporcionada ó consumidor pode ser mellorable, se ben a maioría dos DVDs non falla en aspectos críticos. Só os modelos Samsung e LG presentan a súa placa de características en castelán, mentres que Philips e Sanyo omiten -nas instruccións de uso e mantemento- información relevante en castelán. Non sendo en Sony, a placa de características ou a etiqueta bórrase con facilidade. Os certificados de garantía de Samsung e Philips son incorrectos, xa que non inclúen espacio para indica-los datos do vendedor nin do comprador.

Por outra banda, os oito reproductores DVD son seguros e cumpren coas normas de emisión electromagnética.

Claroscuros dun formato de futuro

Os reproductores de DVD son aínda iso, reproductores. Naceron como unha alternativa ó vídeo doméstico que proporcionase maior calidade (máis do dobre có VHS en imaxe, e equiparable ó CD en son), máis opcións (dobraxe a 8 idiomas e subtítulos en 32 idiomas) e, sobre todo, que fose imposible de copiar. O seu mercado potencial estaba na compra e alugueiro de películas.

Sen embargo, non faltaron intentos de empresas por desenvolver un aparello capaz de gravar. Os formatos de gravación de DVD están xa sobre a mesa, son incompatibles entre si e enfrontan ás compañías nunha loita que lembra moito á de comezos dos oitenta entre os sistemas 2000, BETA e VHS. A clave está en que estes sistemas se abaraten e superen o grande escollo: a capacidade de proceso necesaria para procesar, comprimir e gravar un DVD directamente desde a televisión.

No tocante ó DVD como soporte de son, a súa maior capacidade fronte a un CD podería empregarse para gardar máis cancións ou para aumenta-la calidade do audio. O formato escollido pola industria buscaba esta segunda opción, pero só un oído moi adestrado percibe a diferencia entre un CD e un DVD de audio. De aí que todo leva a pensar que aínda lle resta unha longa vida ó CD como soporte de música.

Os fabricantes de DVD dividiron o mundo en oito zonas, e as películas de cada zona só se poden ver nun reproductor vendido nesa zona. Se un usuario adquire un DVD fóra de Europa (que, xunto co Xapón, Sudáfrica e Oriente Próximo se integra na zona 2) cómpre que se asegure de que sexa compatible co seu reproductor.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto