Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Tomate frito e ketchup

Aseméllanse, pero non son iguais. O ketchup é máis caro có tomate frito, ten máis azucre e achega máis calorías

  Analizáronse seis mostras de tomate frito que custaban entre 332 e 174 pesetas o quilo, e outras tantas de ketchup, que saían entre 688 e 301 pesetas o quilo.

Ámbalas dúas son salsas que teñen como ingrediente principal o tomate. As cinco envasadas en cristal (tres de ketchup e dúas de tomate frito) son as máis caras pero nin o envase de cristal nin o maior prezo son sinónimos de calidade: o ketchup menos apreciado polos catadores é Musa, o máis caro e con envase de cristal; e o tomate peor puntuado na cata é Fruco, tamén en cristal. A mellor relación calidade-prezo en ketchup é Prima (envase de plástico) e en tomate frito, Solis (tetra brik). Pero o ketchup de maior calidade (maior contido de tomate e mellor na cata, fundamentalmente) é Heinz e o mellor tomate frito é Helios, ámbolos dous caros e con envase de cristal.

O tomate frito é basicamente tomate, aceite e sal, aínda que pode conter azucre, hortalizas e especias. O ketchup elabórase con tomate e sal e engade azucre, vinagre e mesturas de especias e hortalizas. As maiores diferencias son que o tomate frito contén aceite e o ketchup non, e que no ketchup o azucre (entre o 2% e o 7,5%) é un ingrediente máis mentres que no tomate frito é un corrector da acidez, cunha presencia de entre o 0,2% e o 2%. O ketchup ten máis sal có tomate frito. Este achega máis hidratos de carbono, polo azucre engadido. O ketchup achega un 25% máis de calorías có tomate frito e o contido en tomate é lixeiram

Aditivos, máis do que coidamos

Dos seis ketchup, cinco conteñen, en cantidades permitidas, os conservantes benzoato sódico (E-211) e sorbato potásico (E-202) e só Heinz se abstén de usalos. Estes conservantes detectáronse tamén nun tomate frito, Apis. No tocante ó glutamato, potenciador do sabor, só catro tomates fritos declaran engadilo pero aparece en tódalas mostras. Explicación: a proteína do tomate contén ácido glutámico, que aparece nas análises como glutamato. A cantidade media de glutamato nos seis tomates fritos é de 2.030 ppm, e nas de ketchup de 1.332 ppm. A lexislación fixa un máximo de 10.000 ppm que se respecta nas 12 mostras. No tocante ós espesantes, Uncle Williams, Orlando e Prima (os tres, ketchup), e o tomate frito Orlando indican amidón de millo modificado (é o anterior "amidón hidrolizado", nada ten que ver con modificacións xenéticas). Ybarra engade carboximetil celulosa, que tamén usa Musa xunto con goma de guar. Nos tomates fritos, Starlux recorre á fécula de pataca, Apis e Fruco á goma de garrofín e de guar, e Solis e helios, ó amidón modificado. Helios engade ácido cítrico.

O ketchup, máis azucre

Se no tomate natural a auga representa o 95%, no tomate frito queda no 82% e no ketchup nun 72%. Esta diminución da humidade débese á elaboración, que engade ingredientes e concentra o tomate. Non hai diferencias relevantes na cantidade de auga dunhas mostras a outras.

Ámbolos productos adicionan azucres simples. No tomate frito, o azucre non pode supera-lo 5% e para o ketchup non se establecen límites. Ten moito máis azucre o ketchup có tomate frito, ó que se lle engade só para contrarresta-la acidez do tomate. Os ketchups con máis azucre, por riba do 7%, son Orlando, Uncle Williams e Ybarra. E o de menos azucres é Prima (1,8%). Heinz ten o 3,6% de azucre e Musa, o 5,3%. O tomate frito con máis azucre é Apis (2%) e o de menos Solis (0,2%). Os fabricantes engaden sacarosa a xeito de azucre, glicosa, xarope de glicosa ou fructosa. Apis e Fruco engádenlle mazá, o que evita que se se quenta varias veces tomate se produza a caramelización do azucre que lle confire sabores estraños ó tomate.

A cantidade de tomate

O grao Brix serve para determina-la cantidade de sólidos solubles, procedentes do tomate e do resto de ingredientes. Para dar coa cantidade de sólidos solubles do tomate, réstanselle ó total os procedentes do azucre e o sal. Esta cantidade de sólidos solubles informa aproximadamente da cantidade de concentrado de tomate empregado. Nos ketchup, o grao Brix debe supera-los 25º. As seis mostras superan este mínimo. Heinz é o que máis tomate ten, xa que o 25,2% dos seus sólidos solubles proceden do tomate. Ségueo Prima, cun 23,4%. Os ketchup con menos tomate son Orlando e Uncle Williams, con aproximadamente o 17% de sólidos do tomate. Nos tomates fritos (sen mínimo legal de Brix), a cantidade de sal e azucre é semellante entre as mostras, pero non a de tomate. Helios é o de máis tomate, co 20% de sólidos solubles do tomate. Starlux, Orlando e Apis son os que menos o conteñen, xa que só arredor dun 14% dos seus sólidos solubles son do tomate. Solis, cun 15,5% e Fruco, cun 16,6%, quedan tamén lonxe de Helios. Tanto no ketchup coma no tomate frito, agás excepcións, os maiores contidos correspóndenlles ás mostras máis caras.

Acidez, graxa, proteínas e sal

No tomate frito, a acidez debe ser de entre un 0,2% e un 0,8%. A media dos analizados é de 0,5% e todos respectan os límites. A acidez do ketchup (máis ácido, polo vinagre engadido) debe supera-lo 0,9%, e a media é dun 1,3%, e todos entran nos límites. Por outra banda, o ketchup ten pouca graxa, un 0,5%. No tomate frito hai un 3,3% de media cando se dicta un mínimo dun 3%. Os seis rexistraron porcentaxes semellantes e correctas de graxa, que é vexetal e saudable. Apis e Fruco especifican que usan aceite de xirasol, mentres que o resto indican só "aceite vexetal".

O contido en proteínas de ámbolos productos é semellante ó do tomate natural, entre un 1% e un 2%. No tocante ó sal, o ketchup ten unha media do 2,8%, o que o fai pouco recomendable para hipertensos. O tomate frito ten unha media do 1,3% de sal. As diferencias na cantidade de sal entre as mostras de cada tipo de producto son escasas. Lembremos que é pouco saudable supera-los 0,5 gramos de sodio cotiáns na dieta. O tomate frito achega vitamina C, pero en menor cantidade có natural, e ácido fólico, pero máis potasio, calcio e magnesio có tomate frito. O tomate natural, con 18 calorías cada 100 gramos, é hipocalórico, pero o frito achega unhas 80 calorías e o ketchup alcanza as 100 debido á concentración do tomate. Para rematar, tódalas probas de laboratorio (salmonela, enterobacterias, bacillus cedreus, aerobios mesófilos) para comproba-lo estado hixiénico-sanitario das mostras, proporcionaron resultados correctos e suxeitos á norma.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto